Iván Prieto

Fashion victim

Comisaria: Cristina Moreiro

A expresión fashion victim utilízase para referirnos a aquelas persoas que son vítimas da moda, que se guían polos canons de beleza establecidos e que seguen as tendencias do momento sen tratar de conservar o seu estilo particular. Coa intervención de Iván Prieto a Zona “C” convértese en soporte dun micromundo habitado por esculturas cheas de vida que participan nun desfile sobre unha pasarela, algo distinta á habitual, invadida de incondicionais da moda pero tamén de todo o contrario; seres cun gusto moi persoal, que se mesturan co espectador. Un espectador que convive coas pezas e que se amosa influído polo intrigante ambiente que xera o potente fondo vermello e unha anquilosada pantalla que reproduce un misterioso videoarte do autor no que aparecen as figuras en movemento acompañadas dunha inquietante composición musical reiterativa. Este súmase ao dramatismo da iluminación e á singularidade das propias representacións, aquel acaba por cuestionarse a súa identidade e a postura que vén representar na sociedade: “en qué lado estou eu realmente?”.

Texto íntegro por Cristina Moreiro