Carolina Paola Caluori

Give me your picture

Comisaria: Basilisa Fiestras

Site-specific: proxecto expositivo realizado no mes de xaneiro coa participación de cincuenta artistas, cincuenta cámaras desbotables, cincuenta mapas, instalación con mapa virtual, tres fotografías dixitais, mil duascentas postais e tres expositores.

Todos nos sentimos turistas algunha vez, quizais hai anos, quizais durante as últimas vacacións. O certo é que cando un se converte en turista adopta unha actitude peculiar. Todo lle sorprende e todos aqueles monumentos que xa existían no seu imaxinario fanse tanxibles.

Na exposición Give me your picture poderán penetrar nesas sensacións percorrendo Santiago de Compostela a través dos ollos de verdadeiros turistas.

Que hai que facer para converterse nun turista? por Basilisa Fiestras