Iago Eireos
Xustiza [serie Nación S.A.]
2018

Instalación
Madeira DM, lámina de aceiro, cadeas, mosquetón, caldeiro con auga, machada, perfís de ferro, abrazadeiras, dous sarxentos, motor eléctrico 1 rpm, imán neodimio, electroimán, transformador
220 X 244 X 102 cm

A obra Xustiza transita entre a linguaxe cinética e sonora. A instalación xera un xogo de forzas e movementos cíclicos que provocan unha resposta desde a tensión, o equilibrio e a inflexión.

Preséntase sobre unha estrutura modular que realiza a función de mesa de traballo. Sobre ela sostense en equilibrio unha lámina de aceiro suspendida en balanza, como o eixo da obra que mantén, recibe e transmite os impulsos desencadeados. Por unha banda, unha machada colga oscilante á espera de ser interceptada e impulsada por un potente imán de neodimio que rota a unha velocidade constante. No lado oposto, dous grandes sarxentos manteñen en suspensión un caldeiro con auga a poucos milímetros da lámina de aceiro, ambos os elementos dialogan e responden ante calquera variación, trátase do principio de causa - efecto.

As tres leis clásicas do movemento entran en xogo: lei de inercia, lei fundamental da dinámica, e principio de acción-reacción. A engrenaxe electromecánica desencadea unha reacción sonora a cada impulso e á súa vez emite unha resposta, que é froito da consecuencia, a razón e a lóxica, conceptos universais que xorden a partir das diversas percepcións sensibles.

A instalación Xustiza responde por tanto a un axioma que toma os patróns e harmonía propia da ciencia como lóxica funcional e pragmática. A lóxica como ciencia constitúe o instrumento formal básico e máis importante para o estudo, análise e interpretación das normas que constitúen a columna vertebral do dereito actual. Lóxica, que sen dúbida se pode definir como a ciencia que estuda principios, axiomas, leis, regras, métodos, procedementos e todo artificio mental ou intelectual que nos permita demostrar a validez ou invalidez dun argumento, razoamento ou inferencia.

O proxecto Nación S.A. xorde da procura da identidade individual nun contexto global, onde se cuestionan as figuras, símbolos e sentimentos dunha colectividade indeterminada, sendo un factor común e intrínseco a todos os individuos ao longo de toda a historia. O principal obxectivo expón a necesidade de cuestionar desde unha perspectiva creativa, as ordes históricas, territoriais, políticas e sociais que delimitan o concepto de nación, por medio da recreación do nacemento dunha nova identidade e analizando o cómputo xeneral que determina a constitución e estrutura dun novo símbolo xurídico, ideolóxico e territorial.

Nación S.A. é, por tanto, un proxecto ramificado que xera unha rede de imaxes e elementos conectados que falan do territorio, da paisaxe e da memoria colectiva, configurando unha lectura a través da fotografía, do debuxo, do gravado, da pintura e da instalación. A identidade é o punto de partida para establecer unha lectura transversal que traspasa os límites do territorio, para pór o acento noutros modos de comprensión ligados á súa memoria relacional e evolutiva.

Iago Eireos Franco

(Lugo, 1980)

  • 2015 Técnico superior en gravado e técnicas de estampación. EASD Ramón Falcón, Lugo
  • 2008 Licenciado en belas artes. Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Universidade de Vigo
  • 2006 Bolsa Erasmus. Universitatea de Arte George Enescu. Iaşi, Romanía
  • 2002 Técnico superior de artes plásticas e deseño en fotografía artística. EASD Ramón Falcón, Lugo

Exposicións individuais

2018

  • Nación S.A, Plastika17; Sala Apostrophe. Vigo
  • Pasamaneiro – Do Camiño Vivido. Alameda de Ordes. A Coruña

2017

  • Nación S.A. Centro Marcos Valcarcel, Deputación de Ourense. Ourense
  • Memoria del Paisaje Añadido, Sala Paraninfo, Universidad de Murcia. Murcia
  • Memoria del Paisaje Añadido, Fundación Antonio Gala. Córdoba

2016

  • Memoria del Paisaje Añadido, Fundación Fernando Villalón. Morón, Sevilla
  • OneProject, ArtMadrid 11, Spazio d’arte Sincresis, CentroCentro Cibeles, Madrid

2015

  • Memoria del Paisaje Añadido. Fundación Casa Pintada – Museo Gabarrón. Mula, Murcia
  • Art&Environment Montalbano. Galleria Schema Polis. Carmigniano, Italia
  • Memoria del Paisaje Añadido. Centro Internacional Musibéria. Serpa, Portugal
  • Memoria del Paisaje Añadido. Centro Espacio Joven. Valladolid

2014

  • Identidade. Galería Clérigos. Lugo

2013

  • Artistas na Rede, Pazo de Tor. Monforte de Lemos
  • On The Road. Centro 14. Alicante
  • On The Road. Centro Cultural Villa de Móstoles. Móstoles

2012

  • Sconosciuti. Art-Lab Ottovolarte-Artsenal. Florencia, Italia
  • Umbra Bruna. Casa de Galicia. Madrid
  • Desvanecidos. Centre Civic Pati Llimona. Barcelona

2011

  • Engurras. Sala Municipal. Quiroga

2010

  • Umbra Bruna, Espacio Aparte HULA. Lugo

2009

  • La Barba del Vecino. CENTRAD. Lugo

2008

  • Epidermis. Casa de la Torre. Redondela

2005

  • Umbra Alba. Universidad de Arte George Enescu. Iaśi, Rumania

2004

  • Dialogos Coa Materia Corporea. Sala Pazo San Marcos, Museo de Lugo. Lugo

Premios, bolsas e residencias

2017

  • I Certame de Artes, Plastika17; Sala Apostrophe. Vigo [segundo premio]

2016

  • XXI Concurso Nacional de Fotografía Ciudad de Córdoba. Córdoba [selección]
  • Bolsa de residencia, Fundación Bienal de Cerveira. Vila Nova de Cerveira. Portugal

2015

  • Bolsa de residencia, Nautilus Lanzarote. Lanzarote, Islas Canarias
  • Premio Art&Environment Montalbano, Spazio d'arte Schema - Spazio Sincresis. Italia
  • Bolsa de residencia RAM III, Centro Internacional Musiberia. Serpa, Portugal

2014

  • Bolsa de residencia, Fundación Bienal de Cerveira. Vila Nova de Cerveira. Portugal

2013

  • Representante 19 Rostros por Europa; Comisión e Parlamento Europeo
  • Premio de intervención Torres Hejduk. GAIAS, Cidade da Cultura

2012

  • Bolsa Leonardo da Vinci, Lugoqualitas II. Florencia. Italia
  • XXII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán [primeiro premio]
  • Residencia Can Xalant, Centro de Creación y Pensamiento Contemporáneo de Mataró

2011

  • Bolsa de residencia, Plan de Movilidad Creativa para artistas, MOVIC
  • Gran Formato Pintura; Premios Ejército XLIX [primeiro premio]
  • Bolsa de residencia, Nao Côclea, Centro de Creación Contemporánea, Girona

2010

  • Certame galego de novos creadores Xuventude Crea10, Artes Plásticas, Xunta de Galicia
  • 11è Fòrum Fotogràfic, Espai fotografic Can Basté, Barcelona [seleccionado]

2009

  • Bolsa Novos Valores 09, Premio José Fernández López, Deputación de Pontevedra
  • Bolsa primeira obra, Fundación Caixa Galicia

2008

  • Bolsa Intracity_08 art public i mediació social, Consorcio Xarxa JOVES.net
  • XVIII Certame Galego de Arte José Domínguez Guizán [primeiro premio]

2007

  • Premio TotArt, Ajuntament de Picanya. Valencia
  • Bolsa Iniciarte de apoio á creación artística contemporánea, Junta de Andalucia

2006

  • Primeiro premio; GZCrea06 en creación fotográfica, Xunta de Galicia
  • Bolsa de residencia, Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores. Córdoba

Publicacións [catálogos individuais]

  • 2017 Nación S.A. - Deputación de Ourense; Memoria del Paisaje Añadido, Universidad de Murcia
  • 2013 On the Road. Autoedición de serie limitada
  • 2012 Umbra Bruna, Xunta de Galicia
  • 2010 La Barba del Vecino. CENTRAD
  • 2009 Epidermis. Xunta de Galicia
  • 2004 Diálogos coa materia corpórea. Museo Provincial de Lugo

Obras en colección

Room Mate Hoteles Colección, Novotel Madrid Center, Fundación Bienal de Cerveira, Fundación Casa Pintada, Fundación Fernando Villalón, Mercado San Genaro, Ciudad de México, Circulo das Artes de Lugo, Colección Nautilus Lanzarote, Spazio d árte Alberto Moretti / Schema Polis, Ayuntamiento de Torrelodones, Centro Internacional Musibéria, Deputación de Pontevedra, Fundación Caixa Galicia, Centro 14, Ayuntamiento de Alicante, Museo Provincial de Lugo, Universitatea de Arte George Enescu, Universidade de Vigo, Fundación José Domínguez Guizán, Fundación Antonio Gala para Jovenes Creadores, Xunta de Galicia, Junta de Andalucía, Laboratorio Artístico Artsenal Ottovolarte, Museo Esteban Rosa, Club Padel People, Centro de Alto Rendimiento, CENTRAD, Centro de Artesanía e Deseño e coleccións privadas.

Xustiza [serie Nación S.A.]. Iago Eireos