Samuel

Castro

Imagen destacada
Vórtice divino Instalación cinética | ventiladores, fío de cobre, tea e circuíto integrado | 250 x 150 x 200 cm | 2017

O ceo, como imaxe da divindade, é un tema vertebral na historia da arte. A imaxe do paraíso celestial ocupa un lugar prioritario nas representacións artísticas. Vórtice divino evoca este concepto recorrente para a arte antiga dende a instalación cinética. O efecto de ascensión e levedade transportan ao espectador a un plano celestial, imaxe da divindade. O aire ascendente é a materia principal da obra, o seu elemento estrutural, neste sentido non representamos o aire, traballamos con el, xerámolo dende a obra. Todo o dispositivo técnico céntrase en facer visible este aire, en que o espectador o sinta e o entenda. Os tecidos elévanse suavemente como un recordo de vestimentas en ascensión conseguindo este ilusionismo que nos transporta á arte antiga con medios propios da robótica actual. Deste xeito Vórtice divino entronca coas miñas investigacións nas que busco unha concepción dinámica da obra, abríndose ao tempo e transformándose sen cesar. A instalación propón un punto de encontro entre arte e ciencia para achegarnos a un plano divino, ao ceo con todas as súas alusións. A divindade e o pensamento relixioso son ameazados polas formulacións científicas que non deixan espazo imaxinario para a existencia dun Deus, e polo tanto dun plano de existencia divino. (Nietzsche, A orixe da traxedia) A arte, distinta da ciencia nos seus métodos e obxectivos, non ten obrigación de subxugar a realidade ás comprobacións de laboratorio permitindo desenvolver a súa esencia. Esta esencia é distinta tamén das afirmacións relixiosas, desa necesidade de sentido único do todo (mundo), a esencia artística contén un sentido múltiple, diverxente, poliédrico, ambiguo e interrogativo...

Descargar Catálogo en PDF

Samuel Castro (A Coruña, 1981)
2011|2006 - Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, especialidade de Escultura.
2006|2004 - Diploma de Estudos Avanzados (DEA).
2004|1999 - Licenciatura en Belas Artes, especialidade de escultura, Pontevedra, Uvigo.

Premios
2008 - Primeiro Premio en escultura pública (urbanización A Roseira). Moaña, Pontevedra.
2006 - Premio Adquisición de obra Pintor Laxeiro e Feima, Vigo-Madrid.
2005 - Premio Novos Valores. Deputación de Pontevedra.

Bolsas investigación artística
2015 - Bolsa de residencia no MAC. Gas Natural Fenosa, A Coruña.
2010 - ATELIER, Rede de talleres e laboratorios. BBAA, Uvigo.
2008|2006 - Bolsa predoutoral PARGA PONDAL (+ prórroga), Uvigo.
2006|2004 - Bolsa nova adxudicación (DEA), (+ prórroga), Uvigo.
Exposicións individuais
2017 - Sistemas dinámicos. Fundación Laxeiro, Vigo.
2009 - Reliquias dende a s@ciedade @ccidental. Sala Alterarte, Ourense.

Exposicións coletivas
2017 - Isaac Díaz Pardo. Deputación da Coruña.
2017 - De estudos abertos. Concello da Coruña.
2016 - OSHWDem. Arte e tecnoloxía aberta. Domus, A Coruña.
2016 - XXIV Premio Internacional Máximo Ramos. Centro Torrente Ballester. Ferrol, A Coruña.
2016 - Recursividade, modelos e sistemas na obra de Samuel Castro [FUENTES, Sara].
VII Congreso Internacional de criadores. Facultade de Belas Artes de Lisboa.
2016 - VIII Premio Auditorio de Galicia. Concello de Santiago.
2015 - Escusa argumental. MAC. Gas Natural Fenosa, A Coruña.
2015 - Alterarte. Museo Municipal de Ourense.