Roi

Domínguez

Imagen destacada
Become Instalación | xanela recuperada, vasoira, follas e vídeo | medidas variables | vídeo 42 min | 2017

Become é posiblemente a peza máis persoal das que realicei. O contorno desta peza sitúase no soar no que anteriormente estaba situada a miña primeira casa, este espazo (no seu momento un espazo íntimo e privado) é agora un lugar devorado pola natureza, que modificou non só as características físicas do propio espazo (sendo agora incluso un lugar de tránsito) senón que transformou totalmente o seu significado.

A parte central da peza consta dun vídeo no que, respectando as divisións orixinais do espazo, realizo a acción de varrer, tarefa que tantas veces vin realizar alí tanto a miña nai como a miña avoa; esta acción mecánica atópase agora totalmente descontextualizada, adquirindo en certa medida características pictóricas ou incluso unha certa temporalidade. Mediante este acto de introspección intento recoñecer un terreo que se tornou descoñecido. O vídeo atópase encadrado dentro dunha xanela recuperada poucos días despois de que a casa fose derruída, e que leva xa varios anos no meu taller agardando o seu momento. Esta xanela, achega na peza a carga indéxica ademais de provocar unha distancia entre a acción e o espectador, facendo referencia a unha certa mirada voyeur. Fronte ao vídeo, no chan, aparece un felpudo, elemento imprescindible en calquera vivenda, intencionadamente modificado; incidindo nesa idea de conversión e transformación: o privado que se torna público, o oculto que se converte en visible, o refuxio vulnerado…

Descargar Catálogo en PDF


Roi Domínguez (O Barco de Valdeorras, Ourense, 1989)
Exposicións
2017_ Oxímoro. Aire centro de arte. Santiago de Compostela (individual).
2016_ Pegadas na terra. Culturgal. Pazo da cultura de Pontevedra.
Estudio Aberto V. Pazo de Tor. Monforte de Lemos.
III Certame de escultura Francisco Asorey. Pazo de Torrado. Cambados.
IX Premio Auditorio de Galicia para novos artistas. Santiago de Compostela.
2015_ XV aniversario da galería Espacio 48. Santiago de Compostela.
XIII Certame de artes plásticas Deputación de Ourense.
Can parade. Festival de Cans. O Porriño
Arte x amor. Iskoo espazo multidisciplinar. Lugo
Olladas 2.0 Deputación de Lugo. Sala de exposicións Pazo de San Marcos. Lugo.
2014_ Cuarto Público Feira de Arte. Hotel NH Collection. Santiago de Compostela.
Novos valores. Deputación de Pontevedra. Edificio Sarmiento. Pontevedra.
Eso sigue su curso. Sexto edifico do Museo de Pontevedra. Pontevedra.
I Certame de escultura Francisco Asorey. Exposalnés. Cambados
Do tecer. Miradas do téxtil na arte. Galería Metro. Santiago de Compostela
2013_ Do final e do comezo. Pazo da Cultura de Pontevedra.
2013_Medidas impopulares (13 estudantes de belas artes contra a crise). O Barco de Valdeorras.
2009_ Exposición colectiva EASDPP. Forum Metropolitano. A Coruña.
2008_ Exposición colectiva EASDPP. Forum Metropolitano. A Coruña.
2008_ Artxove 2008. Casa da Cultura. Pontedeume.
Mencións e premios
2016_ Artistas na rúa. Praza da Ferrería. Pontevedra.
Residencia artística “Estudio Aberto V”. Deputación de Lugo.
Accesit no III Premio de escultura Franciso Asorey.
2015_Gañador Can Parade. Festival de Cans. O Porriño.
2014_3º premio Novos Valores Deputación de Pontevedra.
Seleccionado para o II Encuentro de artistas en red. Museo Arqueológico de Cacabelos.
Seleccionado para o III Encontro de artistas novos Cidade da Cultura de Galicia.