Pilar

Boullosa

Imagen destacada
Luscofusco no 5 (Tejeda arde) Vídeo HD108i / medidas variables / 2017

“(...) creo que lo bello no es una sustancia en sí sino tan sólo un dibujo de sombras, un juego de claroscuros producidos por la yuxtaposición de diferentes sustancias”.
El elogio de la sombra, Tanizaki

O meu traballo actual ten como punto de partida a natureza, tanto artificial como natural e a súa constante transformación. Unha investigación artística co obxectivo de condensar os cromatismos e claroscuros das paisaxes pictóricas que lle afectan ao ser humano. Rexistrar esa terapia diaria imperceptible que inflúe sobre a psique humana dunha forma continuada e que está impulsada pola maxia e o poder da luz e da súa ausencia. Como pode variar a percepción dun lugar segundo a hora do día? Ata que punto somos conscientes do continuo cambio cromático e lumínico que se está a producir diante de nós e como este lle afecta á nosa mente? Procuro capturar eses mundos efémeros que son construídos e destruídos constantemente e crear novas paisaxes artificiais a partir dos fragmentos da realidade, reactivando semanticamente os elementos implicados. A fotografía e o vídeo son os soportes empregados para tal fin, capaces de rexistrar o amplo abano de matices presentes na natureza. As obras resultantes non se presentan como intermediarias do que sucedeu entre a toma e o espectador, non son representacións do pasado, exhíbense como pezas que están a ser, invitando a vivir o presente. ‘Luscofusco’ é un proxecto comezado en 2015. Gravacións realizadas na illa de Gran Canaria que son un estudo estético das cores, luces e sombras dun atardecer. Rexistros dun lugar durante a hora previa a unha posta de sol, cun lapso entre cada sección, polo que a pantalla mostra dunha soa vez diferentes momentos dunha mesma localización. Recentemente, o cumio da illa ardeu e o vídeo mostra as consecuencias máis directas do desastre.

Descargar Catálogo en PDF


Pilar Boullosa (Vigo, Pontevedra, 1987)
Licenciada en Belas Artes pola Universitat Politècnica de València (2010) e cun Posgrao en Deseño Gráfico pola University of Arts of London (2013).

2017
II Meeting Point. Centro de Arte La Regenta. Las Palmas de Gran Canaria.
Selección “XIV Bienal Fotonoviembre”. Tenerife.
2o Premio Videoarte “Jóvenes Creadores Salamanca”. Ayunatamiento deSalamanca. Selección “MADATAC 08”.
2016
Exposición individual. “Relatos (in)visibles”. Fundación Mapfre Guanarteme. Las Palmas de Gran Canaria.
VI Encontro Artistas Novos “Cidade da Cultura”.
Selección “XXIV Premio Internacional Gráfica Máximo Ramos”. Deputación da Coruña.
Exposición individual. “Tradición forzada”. Museo Cristóbal Gabarrón. Fundación Casa Pintada de Mula.
Selección “Festival Internacional de Videoarte de Madrid New Media Festival”. IVAHM.
2015
Mención especial Premio Nacional “Valencia Crea 2015”. Videoarte.
3o Premio (compartido) “Xuventude Crea 2015”. Videocreación.
Premio xurado “X Certamen Instalaciones Mujer”. C. Comarcal de Humanidades Cardenal Gonzaga.
2014
1o Premio escultura “Jóvenes Creadores Salamanca”. Ayto. Salamanca.
Mención especial. “Premio la Gran Máquina”. Embarrat Festival de Creación Contemporáneo.
2013
Accésit no XII Certame Internacional Artes Plásticas Deputación de Ourense.