Paula
Santomé

No meu traballo, o equilibrio e a sinxeleza na execución manifestan o modo no que quero relacionarme co mundo. Interésame a relación que se establece entre o suxeito e a súa contorna como aspecto fundamental da construción do eu. Busco captar un momento con certas características, como a levedade das cousas, o equilibrio ou a súa imposibilidade. Crear accións efémeras, que sexan en certo xeito escultóricas, dotalas de valor estético ao executalas premeditadamente, coidando as formas e o movemento e que, á vez, xeren un pensamento máis profundo sobre cuestións aparentemente simples e cotiás. Nesta peza exploro o vínculo que habitualmente establecemos co espazo social, ou como nos axustamos (ou adaptamos) ao que nos rodea, e que expreso mediante micro-accións espontáneas que poden ser entendidas como unha síntese do que en realidade, como seres sociais, facemos cada día. As nove fotografas elixidas para conformar o políptico manteñen uns aspectos estéticos similares, como poden ser o uso do monocromo ou a simplicidade ao traballar no ámbito do cotián, é dicir, na miña contorna máis próxima. É unha serie en proceso que continúo traballando na actualidade.
Grao en Belas Artes
2017|2018 Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo
2016|2017 Facultad de Bellas Artes de la Universidad Complutense de Madrid
2015|2016 Luca School of Arts, Bruxelas, Bélxica
2013|2015 Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo
Exposicións
2017 Certame de artes plásticas Novos Valores, Museo de Pontevedra
2016 Arte y Proceso, Sala de exposicións da Facultad de Bellas Artes da Universidad Complutense de Madrid
2016 I eye made this these, Greylight Projects, Bruxelas, Bélxica
2015 Nowhere|Now here, LUCA Gallery, Luca School of Arts, Bruxelas, Bélxica