Pablo

Vence

Imagen destacada Imagen destacada Imagen destacada
Encerrar o movemento Escultura cinética | caixa, metacrilato, motor, poliexpán, rodas, polímero negro, tinta negra e sensor de movemento | 100 x 100 x 100 cm | 2017

Encerrar o movemento consta dunha caixa de cartón en cuxo fondo introduzo un motor parecido ao dun ventilador que ao prenderse por medio dun sensor xera un movemento continuo. Dentro da caixa totalmente pechada engado numerosas bólas de poliexpán que comezan a facer un remuíño co aire do motor e intentan escapar. A parte de arriba da caixa vai pechada por unha tapa de metacrilato a través da que o espectador pode observar ese movemento hipnótico que se produce dentro do espazo cerrado. A caixa é negra tanto por dentro coma por fóra para xerar un contraste de cores, o branco das bólas co negro. Os materiais que utilizo son reciclables, xa que non me interesa o resultado por fóra. É máis, a caixa é fea e só ao achegarse podemos apreciar algo diferente dentro dela. Como di o título, iso é o que consigo, encerrar o movemento. Tamén me interesan as reaccións da xente que se producen ao acercarse á obra.

Descargar Catálogo en PDF

Pablo Vence (Rodeiro, Pontevedra, 1979)
2009-2011 Ciclo superior de escultura. (Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso, A Coruña)
2011-2015 Grao en Belas Artes. (UVIGO. Facultade de Pontevedra BBAA)

Exposicións individuais
2013 exposición individual no Museo Municipal de Rodeiro (Pontevedra)

Exposicións colectivas
2012-2013-2014 seleccionado certame Novos Valores (Pontevedra)
2014 O retorno dos coidadores das hortas. Chantada (Lugo)
O retorno dos coidadores das hortas. Ponferrada, León (Universidade de León)
Exposición da XII Xuntanza internacional de artes plásticas Fundación Paco Lareo (Museo de Lalín)

Exposición colectivas
2015 Fundación Hassis (Florianópolis, Brasil)
2015 Rimas polo mundo. Sala X- Facultade Belas Artes. Pontevedra. (itinerante por diferentes países)
Premios, bolsas etc.
2014 Participación na XII Xuntanza internacional de artes plásticas Fundación Paco Lareo. A Solaina de Piloño
2014 Bolsas propias da UVIGO. Universidade do Estado de Santa Catarina
2015 Bolsa Santander. Universidade Federal de Santa Catarina
Nos últimos tempos veño realizando imaxes xeradas por máquinas case rudimentarias ás que incorporo mecanismos e ferramentas de debuxo e pintura. O resultado é unha produción onde a aleatoriedade, o xogo, o infantil..., se articulan e constitúen unha linguaxe propia. Estes aparellos funcionan con motores simples que ao meterlles unha hélice comezan a vibrar. Ao introducir bolígrafos, rotuladores e outros materiais, xeran pinturas aleatorias. Pero isto non é o que máis me interesa dese traballo, senón a propia acción que se desenvolve onde o espectador queda abraiado por ver o percorrido destes aparellos mentres pintan.