Pablo

Barreiro

Imagen destacada
Aproximación 55 elementos barro vermello / medidas variables / 2017

Aproximación*. Resultado inexacto, pero próximo ao exacto, que se obtén nunha medición ou nun cálculo cando non se pode precisar absolutamente. Esta peza pertence á serie Aproximación. É o resultado dunha investigación formal do contedor como forma básica de recipiente|uso|módulo. É a cerámica o material usado por ter ese compoñente histórico | antropolóxico nun afán de conseguir unha achega ao utilitario como reflexión dunha extensión do cotián. Interésame a reflexión mediante a repetición do contedor como valor de uso e á vez a resignificación do contedor ao amorear e procurar `o escultórico´.

Descargar Catálogo en PDF

Pablo Barreiro (Meaño, Pontevedra, 1982) Estuda Técnico Superior e Técnicas de Reproducción Escultóricas na EAAOO Mestre Mateo, Santiago de Compostela para pasar a completar a súa formación inicial na Facultade de BBAA de Salamanca. Realiza unha residencia de investigación cerámica na fábrica de porcelanas Sargadelos ( Laboratorio de Formas, 2009 ) para poder optar á Bolsa de Formación Artística Deputación de A Coruña na Escola de Arte e Diseño ArCo, Lisboa ( 2012-2013 ). Durante este tempo xurden proxectos expositivos nos lugares de Residencia e Formación: Matadero de Madrid, Facultad de BBAA de Madrid, Sala La Salina Salamanca, Museio da Cidade de Lisboa entre outros. Sendo premiado pola Junta de Castilla y León , Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña, Deputación de Pontevedra, Gobierno de La Rioja, Arte Laguna VenetoTreviso con distincións de Arte Joven y Emergente. Son destacables a participación nos proxectos expositivos Premio INJUVE, Accésit ( Tabacalera, Madrid, 2012 ); ‘ No inicio foi o lugar´ 2013 ( Santa Caterina, Lisboa ); `Finalistas e Bolseiros (Lisboa , 2013); Veraneantes (MARCO, Vigo, 2013); S|T, Olmo Blanco & Pablo Barreiro (Galeria Bacelos, Vigo, 2013); COPY_error, Chiesetta di Santa Romagna (NUOVE_residency, Bassano - Italia, 2016); Residencias MAC (Museo MAC, A Coruña, 2016), seleccionado no Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 2015-2016); INMATERIAL, Manuel Blázquez & Pablo Barreiro, (ZINK_Salamanca, 2016). Nos últimos anos Pablo Barreiro foi incorporando a docencia como parte importante do seu traballo; Talleres na Facultade de BBAA de Pontevedra (2016-2017); ArCo - Lisboa (A Porcelana e a súa reproductibilidade , 2016); Arte & Artesanía, procesos de creación cerámica (Escuela Unitaria, Santiago de Compostela, 2016)