Olmo

Cuña

Carracelas

Imagen destacada
Aquí nuestros ojos Óleo sobre papel / 20 pezas 200 cm / 2017

Aquí nuestros ojos é una constelación de pinturas en miniatura que compoñen una frase. A composición desta frase está baseada en dous tipos de imaxes moi distintas sobre a paisaxe de México. O traballo reproduce a iconografía dunha pequena colección de etiquetas adhesivas de froitas e hortalizas que comecei como un xogo dende a miña chegada a México en 2015. Interpreto a iconografía sinxela e colorista da miña colección de etiquetas como una sorte de representación simplificada da paisaxe mexicana e dos seus produtos, a través das marcas que o explotan agricolamente. Por outra banda, no tocante ao texto, o traballo incorpora una serie de imaxes poéticas tomadas do libro Visión de Anahuac, escrito polo autor mexicano Alfonso Reyes durante o seu exilio en Madrid e publicado por vez primeira en 1917.

Descargar Catálogo en PDF

O libro é un estraño híbrido entre o ensaio académico e o poema lírico, pero é o seu emprego da imaxe poética o que me fixo lelo como quen ve un cadro e o que me levou a vincular intuitivamente a súas alusións á vexetación mexicana coas miñas etiquetas de froitas. Outro aspecto que me levou a asociar aquí estes dous tipos de imaxes foi a idea de que calquera representación da paisaxe, sexa no formato dun cadro, dunha etiqueta na froita ou dunha páxina nun libro, non pode ser outra cousa que unha representación en miniatura desa paisaxe, pero sospeito, como Gaston Bachelard na súa Poética do Espazo, que “a miniatura é un dos refuxios da grandeza”. Penso que Aquí nuestros ojos é unha mostra do meu interese, explorado xa noutros traballos, na dificultade que atopo para comprender, interpretar e representar unha paisaxe, especialmente unha paisaxe que non é a nosa, unha dificultade que é tamén a de transcender unha visión sinxela e colorista construída ao servizo da mirada turística.

Olmo Cuña Carracelas (Vigo, Pontevedra, 1983)
Vive e traballa na Cidade de México.
Programa educativo SOMA, Cidade de México, 2016
SOMA Summer, Cidade de México, 2015
Máster en produción artística, Universidade Politécnica de Valencia, 2007
Licenciatura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, 2006
Exposicións individuais
2011 72 Notas (1482-2011) Galería PM8, Vigo
2009 Paisajes de bolsillo, Sala Alterarte, Ourense
2008 Post-it series, Sala La Perrera, Valencia
2007 Coleccionables, Ateneo de La Laguna, Tenerife
Exposicións colectivas (selección)
2016 La Isla, proxecto final da xeración 2016 do programa educativo SOMA, Cidade de México
Una rosa tiene forma de una rosa, Casa del Lago, Cidade de México
2015 On presentation, Centro Cultural Universitario Tlatelolco, Cidade de México
Solar Anus, SOMA Summer, Cidade de México
2014 Mirroring, Galería PM8, Vigo
2013 Veraneantes, MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
2012 JUST MAD 3, Galería PM8, Madrid
2011 Que baje Dios y lo vea, Centro Amalgama, Vigo
La tropa de misteriosas manos flotantes, Centro Torrente Ballester, Ferrol
Non sei antes pero agora é isto (colectivo Tronquis) Espazo Normal, A Coruña
2008 Afinidades Selectivas 2#, Casa Galega da Cultura, Vigo. El Becerro de Plomo, Sala La Perrera, Valencia
8.1 Distorsiones, documentos, naderías y relatos, Centro Atlántico de Arte Moderno, Gran Canaria
Bolsas, seleccións e premios 2016 Novos Valores, Museo Provincial de Pontevedra. (Premio)
2015 Bolsa de excelencia de programas especiais do Goberno de México para estranxeiros
2014 Premio de produción artística Fundación Banco Santander. (Premio e residencia en Noestudio, Madrid) Café dossier II, Sala de Ideas da Tabacalera, Madrid
2013 VIII Premio Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (Selección)
2012 Mostra Internacional Gas Natural Fenosa, MACUF, A Coruña (Premio)
INJUVE, Antigo edificio de Tabacalera, Madrid (Premio de produción)
2011 INJUVE, Antiguo edificio de Tabacalera, Madrid (Accésit)
III Certame de debuxo contemporáneo Centenera Jaraba, Guadalajara (Mención honorífica)
2010 Bolsa Leonardo da Vinci de prácticas no estranxeiro, Berlín, Alemaña
2009 VI Premio Auditorio de Galicia, sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (Selección)
2008 Novos Valores. Museo Provincial de Pontevedra. (Selección)
2007 Novos Valores. Museo Provincial de Pontevedra. (Selección)

Obra en coleccións
Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, MACUF, A Coruña
Colección Alterarte, Deputación de Ourense