Nicolás

Combarro

Imagen destacada
Sen título (Múnic) Fotografía cor sobre papel hahnemuhle 285 g | 125 x 165 cm| ed. 1-3 | 2016

A obra Sen Título (Múnic) é unha intervención realizada dentro do marco do proxecto Under (de) construction en Múnic. Tratábase dunha invitación a traballar sobre espazos industriais en desuso a través da práctica artística. A miña intervención realizouse a partir de materiais de construción recuperados de edificios en obras na contorna inmediata. Estes materiais posúen formas adaptadas a un uso específico no contexto da construción e uns códigos de cor que indican as súas características intrínsecas.

A partir deses materiais, e un espectacular espazo de traballo, xerouse unha composición pictórico-escultórica desde un punto de vista determinado que permitise a realización da fotografía que se presenta. O espazo de intervención era unha antiga sala de pintado industrial cuxos restos impregnaban paredes, chan e teito. A toxicidade non permitía a visita do espazo polo que a única visión da intervención so se podía realizar a través do documento fotográfico. A fotografía é, polo tanto, a peza que se presenta que contén todo o proceso de intervención e diálogo co espazo e os materiais. O seu gran formato permite achegarlle ao público a experiencia do lugar e un xogo de escala onde se perden as referencias. Un novo presente xerado a través da transformación artística do contexto e os materiais.

Descargar Catálogo en PDF

Nicolás Combarro (A Coruña, 1979)
Licenciado en Comunicación Audiovisual na Universidad Complutense de Madrid. Expuxo en museos e centros de arte como MARCO (Vigo) Caixafórum (Barcelona e Madrid), Fabra i Coats (Barcelona). Institut Français (Madrid). Sala Palexco. (A Coruña). Galerías como Galería Vilaseco (A Coruña), Galería Taché (Barcelona). Galería Moriarty (Madrid), Pablo Gallery (Manila), Kwanhoon Gallery. (Seúl), e en institucións e eventos como OCEMx (México DF), Under (de) construction (Múnic) ou no 42 Salón Nacional en Colombia (Cartaxena de Indias). Na actualidade prepara unha exposición individual na Maison Européene Photographie, París (en produción) e un novo proxecto para o CGAC de Santiago para 2018.
Recibiu bolsas e premios como o Premio de Fotografía INJUVE, 20 Bolsa Fotopres La Caixa, Premio Saab á mellor exposición Festival Off Photoespaña ou o Premio ENAIRE fotografía. A súa obra atópase en coleccións como a da Fundación de Artes Plásticas Rafael Botín, Colección CGAC, Colección Fundación Mª Cristina Masaveu, Fondazione Isabella Seràgnoli|GD Photoart, ou a Colección ENAIRE. Existen varias publicacións sobre a súa obra como: Arquitectura espontánea. Obra Social La Caixa. Arquitectura e resistencia. Editorial Cabeza de Chorlito. Arquitectura oculta. Concello da Coruña. A Coruña 2013.