Martín

Rivas

Imagen destacada
Memoria en ruínas I Gres, esmalte | 25 x 25 cm c|u | 2015

O feito de observar un espazo abandonado a cotío evoca no espectador unhas determinadas sensacións, recordos, sentimentos ou un estado imaxinario en función do grado de conservación do inmoble, do seu uso, do vínculo co visitante etc.

As antigas fábricas que salpican o noso territorio fomentaron o xurdimento de comunidades e vínculos entre traballadores e familias creados ao longo do tempo que, a miúdo, superan a vida activa das construcións nas que tiveron lugar. O traballo artesanal aparece como elemento vehicular capaz de forxar estas relacións sociais duradeiras, que incluso teñen a súa lectura no urbanismo próximo aos lugares de traballo.

A pesar do celo que poñemos en conservar as nosas lembranzas, compartíndoas e rememorándoas de xeito a veces involuntario, a memoria tamén se vai deteriorando co paso do tempo. As pezas que se presentan aquí pretenden recoller todo este proceso, establecendo un paralelismo entre o deterioro dos inmobles do tecido industrial tradicional e a mente humana, entendidos os dous como elementos contedores onde un acubilla a memoria dos procesos industriais tradicionais e o outro os recordos e relacións sociais xurdidas en torno aos espazos de traballo.

A sensación de nostalxia ou melancolía que xorde de observar a perda das facultades que o paso do tempo produce en cada un destes contedores emprégase aquí como recurso para intercambiar entre eles os trazos visuais característicos do deterioro particular de cada un. Trasládanse deste xeito as fendas que o tempo labra nas construcións abandonadas á representación dun cerebro, entendido como morada da memoria.

Esta representación do cerebro xorde formalmente do contacto entre dúas mans, por seren estas as que co seu traballo xeraron os recordos de convivencia, entrelazándose para dar lugar á forma idealizada daquel. A este obxecto así creado vanlle xurdindo fendas de forma aleatoria mediante a aplicación da técnica do Rakú no proceso de creación.

Xéranse unha serie limitada de 5 pezas tratadas de formas diferentes, das que se presentan dúas na exposición.

Descargar Catálogo en PDF

Martín Rivas (Pontevedra, 1978)
Estuda Arquitectura Técnica e Arquitectura na Universidade da Coruña e na Ecole d´Architecture et Urbanisme de Lille. A partir de 2007 colabora como arquitecto con diversos estudos internacionais realizando traballos premiados e publicados en concursos e revistas especializadas. En 2011 cursa o Master de creación e investigación en arte contemporánea na escola de BBAA de Pontevedra, centrando o seu traballo artístico na percepción psicolóxica e social do espazo habitado. Completa a súa formación asistindo a cursos de verán de escenografía e dramaturxia na ESAD de Vigo, ademais de participar en workshops e conferencias especializadas. Pertence ao grupo de artistas Colectivo Intermitente dende 2013, realizando varias exposicións conxuntas e en solitario, actividade que combina coa profesión de arquitecto.
Exposicions
Once más Uno, exposición colectiva, Galería Sargadelos, Pontevedra, 2012
Traza Urbana, exposición colectiva, Galería Sargadelos, A Coruña, 2012
Traza Urbana I, exposición colectiva, Galería Sargadelos, Santiago, 2012
Eso sigue su curso, exposición colectiva, Museo de Pontevedra, 2012
Art Xove, exposición colectiva, Pontedeume, 2013
Xerar un ambiente, exposición individual, A Abadía, Caldelas de Tui, 2013
Instalación permanente en vivenda unifamiliar en colaboración co artista Olmo Blanco. Pontevedra 2016.
Bienal de Arte no Morrazo 2017
Exposicións co grupo de artistas Colectivo Intermitente
Auditorio de Cangas, Pontevedra, 2013
Galería de exposicións de Noia, 2014
Galería Atléntica, A Coruña, 2014
Cine Adriano, Fene, 2015
Unha mirada a Asia, Xixón, 2017