Marta

Fortes

Imagen destacada
Horas Acrílico sobre tea | 50 x 100 cm | 2016

A miña obra explícase desde a fotografía ata a pintura. Desde onde a memoria me permite chegar teño unha especie de obsesión ou case manía nostálxica: consiste en levar de cada lugar un recordo, non calquera tipo de lugar, senón aqueles nos que pasei un bo momento, ben pola compañía ou polo lugar en si. Ás veces podo levar un pano ou unha bolsa de azucre dun bar, unha flor que esmagar nun libro, unha pedra, unha folla e, o máis usual, unha foto. Aos obxectos confírolles un lugar que considero privilexiado, unha caixa orixinal, un álbum…; coas fotos é diferente, convértoas en algo máis persoal, modifícoas, quedo só con aquilo que quero lembrar, obviando paisaxes, persoas ou cousas que non me interesan; deste xeito fago da lembranza algo máis subxectivo que a propia foto, e ao pintala revivo o lugar, o momento, fágoo máis meu. Para tal obxectivo non necesito grandes trazos, nin elocuentes manchas, necesito un pincel pequeno, pouca pintura, necesito que apenas ninguén vexa o que estou a facer, necesito disimular un pracer infantil que se prolonga na idade adulta. Deste modo aparece a miniatura, disposta a ser contemplada por aquel que non busca grandes efectos ou obras que polo seu peso ou tamaño atraian a calquera viandante. A miniatura preséntase para aquel que, aínda vivindo no estrés contemporáneo, presta atención ás pequenas cousas e decide dedicar tempo a contemplalas.

Descargar Catálogo en PDF

Marta Fortes (Pontevedra, 1980)
• 2011. Máster Universitario en arte contemporánea, creación e investigación. Universidade de Vigo.
• 2007. Licenciada en Belas Artes. Facultade de Pontevedra. Universidade de Vigo.

Premios e bolsas
• 2017. Premio do público na XIX Bienal Internacional de Vila Nova de Cerveira.
• 2013. XI Premio de Pintura. Universidade de Vigo.
• 2012. Premio adquisición XV Certamen de Artes Plásticas, Sala el Brocense. Diputación de Cáceres.
• 2011. Bolsa de pintura. José Fernández López. Novos Valores. Deputación de Pontevedra.

Exposicións
• 2017. XIX Bienal Internacional de Vila Nova de Cerveira.
• 2016. De viaje. Galería 7VI. Bueu. Pontevedra
• 2016. Contemplación estival. Estudio 6. Vigo. Pontevedra
• 2016. VII Premio Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. A Coruña
• 2014. 3ª Edición Cuarto Público. Santiago de Compostela. A Coruña
• 2014. Mostra da 17ª Bienal de Cerveira, Carpe Diem Arte e Pesquisa. Lisboa. Portugal.
• 2013. XXX Certame de Pintura do Concello de Cambre. A Coruña.
• 2013. VIII Premio Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. A Coruña
• 2013. XIII Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo. Deputación da Coruña.
• 2013. Concurso Internacional da 17ª Bienal de Cerveira. Vila Nova de Cerveira. Portugal.
• 2012. XV Certamen de artes plásticas, Sala el Brocense. Diputación de Cáceres.
• 2012. XXXIII Certamen de minicuadros 2012. Museo del Calzado. Alicante.
• 2011. Container Inside. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela. A Coruña.
• 2011. VII Premio Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. A Coruña.
• 2011. Novos Valores 2011. Museo de Pontevedra.
• 2011. 8o Biennale Internationale de Gravure
Contemporaine. MAMAC. Liège. Bélgica.

Obra en coleccións
Diputación de Extremadura
Deputación de Pontevedra
Colecciones privadas