Marta

Bran

Imagen destacada
Ceci n’est pas publicité Instalación | impresión dixital sobre papel posteriormente recortado | medidas variables

“Ceci n’est pas publicité” preséntase ante o espectador como un cadáver exquisito surrealista, no que teñen lugar diferentes actuacións superpostas que xogan co equilibrio e desequilibrio dunha amálgama de liñas de papel delicadas e fráxiles. Trátase dunha narrativa azarosa conformada por un conxunto de filigranas que semellan acróbatas nun espazo de atmosfera lixeira. Asemade, os trazos do debuxo expándense polo espazo arquitectónico para alcanzar unha desexada tridimensionalidade.

Descargar Catálogo en PDF

Marta Bran (Melide, A Coruña, 1986) Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2017. Combina a creación artística, a investigación, a docencia e escribe textos sobre arte para diferentes publicacións. Entre os seus proxectos individuais máis recentes destacan Once Upon a Time (2017) e Picnic (2014). O primeiro foi presentado na Zona “C” de Santiago de Compostela, e foi premiado na convocatoria para ‘intervencións artísticas’. O segundo foi inaugurado en Trinta, galería de arte compostelá, que a representa como artista desde entón. En 2016, coincidindo coa semana de ARCO, foron da man á feira Drawing Room Madrid. De forma colectiva en Galicia, expuxo en espazos como o MARCO (Vigo), a Fundación Seoane (A Coruña) e o Centro Torrente Ballester (Ferrol) entre outros. A nivel nacional, en diferentes salas de exposicións de León, Bilbao, Madrid e Barcelona. A nivel internacional, en Portugal en a Galería POST de Kaunas (Lituania). En relación aos galardóns recibidos ao longo dos últimos anos, hai que mencionar o terceiro premio da Deputación de Ourense 2015, ademais do primeiro premio Fundación Carriegos 2009. Foi seleccionada en diferentes encontros de artistas a nivel nacional e internacional, tales como Apprentice|Master Project 2015 (Tiburg, Holanda), o I Encontro Cidade da Cultura 2011 (Santiago de Compostela) e Ikas Art 2008 (País Vasco).