Marcos

Covela

Imagen destacada
Mesa alienada Ferro, cristal, soldadura, roscado | 155 x 80 x 82,5 cm | 2017

A traxectoria práctica, no ámbito industrial e artesán, respecto á fabricación de produtos metálicos acabados, xunto co estudo da arte, ademais da especial preocupación pola linguaxe escultórica, levoume á reinterpretación da miña experiencia e do contorno que me rodea. Isto proporciona as ferramentas clave para operar na busca da plasticidade mediante o traballo co metal.

Mesa alienada forma parte dun proxecto relacionado coa idea de mesa, ese algo cunha superficie plana sostida por un ou varios pés, cunha altura adaptada para realizar calquera actividade.

A obra nace de abaixo cara a arriba. Parte dunha aproximación ao ready made, dadas as características formais e técnicas da peza base con orixes nun achatarremento industrial. A composición vai marcada polo peso visual deste obxecto útil. A partir del constrúese unha estrutura de atado tensionada para crear o equilibrio entre as partes e unificalas, dotándoas de función física. Está coroada por un cristal, que actúa como filtro para optimizar o espazo existente e interactuar co espectador. A cor amarela fai alusión á sinalética e ao acabado de manufacturas industriais, propias de lugares de paso, zonas de certo perigo etc.

Descargar Catálogo en PDF

Marcos Covela (O Irixo, Ourense, 1990)
Grao en Belas Artes, Universidade de Vigo, 2012.
Exposicións colectivas
2017
- Premio Internacional de Artes Plásticas de Caja de Extremadura-OBRA ABIERTA. Centro Cultural Las Claras, Plasencia, Cáceres
2015
- XIII Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense
- XII Bienal Internacional de Lalín Pintor Laxeiro. Museo Municipal de Lalín Ramón María Aller
2014
- Premios Novos Valores de Artes Plásticas 2014. Deputación de Pontevedra. Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra
2013
- A sinxeleza do natural. Sala de exposicións da Área Panorámica de Tui (Pontevedra)
2012
- Do final e do comezo. Traballos de graduados en Belas Artes. Pazo da Cultura de Pontevedra
2010
- ADN Album. Alumnos de segundo curso de Belas Artes. Salón de actos Residencia de Maiores de Campolongo, Pontevedra
Premios
- Accésit XII Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense 2015
- Primeiro premio Novos Valores 2014. Deputación de Pontevedra
Publicacións
- Catálogo XII Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense 2015
- Catálogo XII Bienal Internacional de Lalín Pintor Laxeiro, 2015
- Catálogo Do final e do comezo, 2012
Obra en colección
- Deputación de Ourense
- Deputación de Pontevedra