Julia

Huete

Imagen destacada
Las tres heridas: La del amor, la de la vida y la de la muerte Fío de ouro bordado a punto de cruz sobre tecido panamá de algodón | 150 x 230 cm | 2017

Las tres heridas: la del amor, la de la vida y la de la muerte son en realidade unha soa e continua que atravesa tres paneis de tecido en dirección ascendente cara ao que correspondería ao leste, cara ao sol nacente. Bordado en ouro e mediante un lento traballo, o proceso salienta o poder de representación da forma, pois a tarefa remítenos ao seu desenvolvemento nunhas condicións de silencio e illamento propicias para o despregamento espiritual que incrementa o acto ritual da repetición. As teas atravesadas repousan suspendidas como unha tarefa que foi finalizada. O amor como motor, a vida como continuo e a morte como fin unidos nunha liña que non decae e que devolve brillo. O conxunto fai da peza unha proposta lírica, unha reflexión sobre a incerteza e o desexo entre a vida e a morte.

Descargar Catálogo en PDF

Carla Andrade (Ourense, 1990)
Desde setembro de 2016 estudos de doutoramento pola Universidade de Vigo. Graduada en Belas Artes e Máster de dirección de arte en publicidade. Intercambios na Universidade do Porto e Guadalaxara Jalisco, México.

Exposicións e premios
2017
Un rolo de papel continuo, Sala X. Pontevedra
Vicios y Virtudes, Galería Lilliput. Vigo
Seleccionada no certame Novos Valores
Terceiro premio no Certame de artes plásticas da Deputación de Ourense
2016
Unha Facultade na maleta, Universidade do Porto
Cheap, Kvit Gallery, Copenhagen
Seleccionada non certame Novos Valores Pontevedra
Primeiro premio de pintura no Concurso da Uvigo
Animal Collective, CENTRO CENTRO. Madrid
Finalista non certame Xuventude Crea
Fálame distante, Galería Liliput. Vigo
2015
Seleccionada no Certame de artes plásticas da Deputación de Ourense, Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense.
2014
Onde non hai mares, hai ríos. Sala de Restauración da Facultade de Belas Artes, Pontevedra
Sinsal Festival, Pontevedra
2013
Do comezo ó final. Pazo da Cultura, Pontevedra
Seleccionada para o proxecto ArtistAS. Visibilización da obra de alumnas. Pontevedra

Adquisición de obra no certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo.