Iria

Cortizo

Imagen destacada
Os Cazadores Serie de 4 chapeos | técnica mixta | medidas variables | 2017

OS CAZADORES Gato 1º A: O outro día escoitei a rapaza falar coa nai. Preocupoume, pois dicía que tiña medo.
Gato 1º B: Medo de que?
Gato 1º A: Non o sei moi ben... De alguén creo. Dixo que vira un deles...
Gato 1º B: Quen é eles? hai máis de un?
Gato 1º A: Non che sei! Quizais... Escoiteille dicir que o vira rodeando a noite, aínda que era un deses que prefería o día. Gustáballe pasear entre a velocidade e a multitude. Gustáballe mergullarse nas conversas das mozas e observar as súas pisadas, mentres esbozaba un elegante e estraño sorriso, brando... e... tremelicoso
Gato 1º B: Tremelicoso?
Gato 1ºA: Si, dixo que a boca se lle movía coma se fose xelatina e os dentes rexían.
Gato 1º B: Mmm irresistible! Sería de amorodo?
Gato 1º A: Iso pensei eu.....
Gato 1º B: E a nai que lle dixo?
Gato 1º A: Ela ría! Antes de saír do cuarto, para continuar coas súas tarefas, díxolle que xa era hora de que deixara esas lerias e cazara un bo de eses, ou que se deixara atrapar, que ía sendo hora de atopar un bo marido.

Descargar Catálogo en PDF

Iria Cortizo (Pontevedra, 1987)
Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo no 2013. Mestrado en Arte Contemporáneo. Investigación e Creación pola Universidade de Vigo, 2014. Actualmente está realizando o doutoramento na mesma Universidade. Dende 2012 participa en diferentes exposicións colectivas, destacando Fálame Distante na Galeria Lillliput, XVII Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira, Olladas. A Miña Familia realizada no Pazo San Marcos de Lugo, Do Final e do Comezo no Pazo da Cultura de Pontevedra, Eso Sigue su Curso no Sexto edificio do Museo de Pontevedra, o Festival Iternacional Incubarte de Valencia ou a feira de arte Cuarto Público. Foi seleccionada en varios certames coma o Certame de Artes Plásticas Deputación Ourense, Xuventude Crea, ou o IX Premio Auditorio de Galicia. Obtivo varios galardóns, coma o terceiro premio de Novos Valores, o Premio Adquisição Cãmara Municipal da XVII Bienal Cerveira e o II Concurso 25º aniversario da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Foi seleccionada para o IV Encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura