EDU

Imagen destacada Imagen destacada
Artista super emergente Vídeoperformance | 4 min (aprox.) | 2017

Perdido nun escenario tecno-rural que poderiamos definir como unha paisaxe ecoapocalíptica (invitación clara a delirios “quixotescos”) Edu interpreta a canción Artista super emergente. A peza é un vídeo cheo de ironía, con ritmos electrónicos e referencias á música trap e vaporwave. A melancólica voz de Edu (un sadboy en versión galega) é un canto a toda unha xeración de profesionais do mundo da arte, un reflexo da situación laboral e da realidade dos creadores novos. En certo xeito, a peza é un caso de crítica site-specific onde a identidade do artista pasa ao primeiro plano. Un canto a nós mesmos.

Descargar Catálogo en PDF


Edu Fernández (Bilbao, 1987) Edu é artista e performer. É Máster de arte contemporánea pola Universidad Europea de Madrid e graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Estudou durante varios anos no estranxeiro, en países como Alemaña, Bélxica e Brasil. O seu traballo artístico céntrase na identidade, a performance e a arte contemporánea. Séntese moi cómodo utilizando diferentes medios e buscando novos formatos e linguaxes híbridas. A súa obra foi exhibida en museos e galerías, tamén estudada no medio académico en na universidade. Actuou en varias televisións e espectáculos. Actualmente reside na Coruña, onde anda inmerso na procura de historias e persoas de verdade.