David

Fidalgo

Omil

Imagen destacada Imagen destacada Imagen destacada Imagen destacada Imagen destacada
SIGLO XXI Vídeoanimación | acrílico sobre papel | 4,06 min | 2017

SIGLO XXI é unha reflexión crítica e irónica sobre moitos sucesos machistas acontecidos en televisión este último ano así como unha posta en escena do absurdo que alaga as redes sociais, neste caso localizado no fenómeno dos vídeos de gatiños, nos que moitas persoas botan gran parte da súa vida. Veñen ser unha sorte de “pan e circo” deste século fronte aos problemas que acontecen na sociedade, neste caso o machismo televisivo, que actúa con total impunidade, mostrando a mozos e adultos un tipo de comportamento do que se fan eco. Como noutras das miñas obras, aprópiome do material orixinal e retrato os seus protagonistas como seres absurdos, espidos e provistos dunha capacidade de fala intelixible, onde o que din aparece subtitulado, de maneira que o espectador se ve obrigado a penetrar na peza salientando así o carácter inofensivo que a televisión lle dá a este tipo de declaracións e comportamentos.

Statement
Traballando co concepto do meme que inunda Internet, collendo algo que xa existe para transformalo en algo novo dándolle un sentido irónico e satírico á obra, comezo a traballar en obras cun carácter humorístico moi claro, á vez que crítico, enfocándome en temas como o machismo que se pode ver na televisión, na relixión etc., ou no absurdo dos novos medios, como pode ser Youtube ou as redes sociais. Desta maneira utilizo a animación, que é o meu medio natural, para realizar pezas audiovisuais a partir de feitos reais, transformando os seus protagonistas en seres absurdos intelixibles cuxas palabras aparecen subtituladas para sorpresa do espectador. Retrato o mundo á miña maneira.

Descargar Catálogo en PDF


David Fidalgo Omil (Lugo, 1989)
David é graduado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde realizou o Máster en álbum ilustrado e animación e onde cursa actualmente estudos de doutoramento sobre a animación expandida. Leva anos participando en diferentes festivais por todo o mundo, como no Festival de Cans, o Curtocircuíto, o Girona Film Festival, o Barcelona Visual Sound, a XXXV Semana de Cine de Carabanchel, o 34 Festival de Cine de Bógota, a Baixada Animada de Brasil, o Cartoonclub de Italia, entre outros tantos de Arxentina, Romanía, Perú, os EUA, Inglaterra etc.

Amosou as súas obras en diferentes exposicións como Noroeste, en Cangas, Incubarte, en Valencia, Certame de Artes Plásticas de Ourense, Novos Valores, en Pontevedra, etc. Participou tamén en diferentes residencias artísticas como o V Encontro de Novos Artistas de Santiago de Compostela, o I Encuentro de Artistas de Castilla y León, a residencia artística Estudio Aberto en Lugo ou, este mesmo ano, a residencia artística A Quemarropa en Alicante. Tamén conseguiu varios premios e mencións como o primeiro premio Novos Valores de Pontevedra, o segundo premio á mellor curtametraxe do Certame Novos Creadores do Concello de Madrid, o premio á mellor curtametraxe do certame para mozos creadores Ciudad de Castellón etc.