Carlota

de Leal

Imagen destacada
Avoa Elena Pintura mural | 250 x 250 cm | 2017

Avoa Elena trátase dunha revisión do retrato costumista feminino e tamén dunha posta en valor da muller rural. Esta muller é unha deusa antiga e moderna. É unha muller flutuante. Figura unha nena sobrevoando o espazo, enganchada por uns simples anzois que non conseguen levala á superficie. Bosquexo para transferir con técnica mural. Deste xeito, desaparece a dimensión íntima do retrato e transfórmase nun ser idolatrable, xigante e de inxenuidade explícita. Trátase dunha proposta pictórica mural, efémera e narrativa. Pódese dicir que ten certo aire naif e incluso cómico porque unha muller rural non se permite voar en bañador, menos aínda publicamente

Descargar Catálogo en PDF

Segundo premio
Carlota Mª Salgado Leal (Vila de Cruces, Pontevedra, 1988)
2007 || La Performance en el Arte Contemporáneo con Juan Hidalgo
2010 || Grao en Belas Artes, BBAA de Pontevedra | Xornadas de creación dirixidas pola artista e docente Mónica Ortúzar, El Arte en el Espacio Público | 15 proyectos de espacio para un espacio, Pazo Torrado, Cambados, Pontevedra | XXXI Bienal de Pontevedra | Proxecto IMAN, Casa das Artes, Vilanova de Famaliçao, Portugal | Proxecto IMAN, Casa da Arquitectura, Guimarães, Portugal | X Bienal de Lalín, Pontevedra
2011 || Máster de arte contemporánea, creación e investigación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra | I Encontro de Artistas Novos A Cidade da Cultura, Santiago de Compostela | Chámalle X, Xornadas de Performances, Pontevedra | ArtistAs, espazo urbano de Pontevedra e Vigo
2012 || Bolsa Leonardo da Vinci. Praga | Arte 40, Museo del traje, Madrid | Outono Fotográfico de Ourense
2013 || Inicio da tese dirixida por Javier Tudela Sáenz de Pipaón |Concurso Auditorio de Galicia | O fío de Penélope, 9THE13, A Coruña
2014 || Welcome, VIII Premio Auditorio de Galicia
2016 || Intersticios entre arte e arquitectura, UVIGO + EAUM