Borja

Santomé

Imagen destacada
El reloj Stop motion, tinta sobre acetato e papel / 4,47 min / 2017 / edi. 3 + 2 p.a.

Sempre sentín fascinación polas cidades, pola súa condición de xungla humana chea de historias. A grande urbe como un colector de asfalto, tráfico e ruído, onde os seres humanos deambulan arrastrados pola marea. Establecendo este escenario como marco para os meus proxectos, pretendo desenvolver historias que sobrevoan a idea de viaxe, o cambio, historias de personaxes perdidos nas que plasmar as miñas experiencias e divagar sobre os sentimentos e emocións de todas esas vidas cruzadas.

Descargar Catálogo en PDF


Borja Santomé Rodríguez (Vigo, Pontevedra, 1992)
Comecei a miña formación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde empecei a experimentar coa pintura e o stop motion, para logo realizar o meu proxecto final na Universidade de Kingston (Reino Unido). No meu terceiro ano de carreira empecei a traballar con temas de animación, tentando ampliar o meu traballo pictórico e introducirme no vídeo como disciplina de forma case casual, que ao final me valeu para gañar o segundo premio Novos Valores de artes plásticas 2015. A partir deste momento o meu traballo céntrase en producir unha serie de curtametraxes e valeume para estar presente en exposicións e festivais de cinema en Galicia, Reino Unido e Latinoamérica. Actualmente vivo no leste de Londres e sigo traballando en proxectos de stop motion así como en pintura e instalación.
Exposicións
Novos Valores 2015. Museo de Pontevedra, Pontevedra
Noveno Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2016, Santiago de Compostela
Semente, 2016, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Festivais e mostras
Curtocircuíto 2015, sección Planeta GZ, Santiago de Compostela
Festival de Cans 2016
S8 Festival Internacional de Cine da Coruña, 2016
Curtocircuíto 2016, sección Planeta GZ, Santiago de Compostela
Galician Film Forum Animation Edition 2016, Londres
Festival de Cans 2017
Festival Primavera do Cine 2017, Vigo
BAFICI, Buenos Aires Festival de Cine Independiente, 2017, Arxentina
FICC, Festival Internacional de Cine de Cuenca, 2017, Ecuador
Cinematic 2017 Edimburgo e Glasgow, 2017, Reino Unido
Celtic Animation Film Festival, 2017, Reino Unido

Premios e mencións
Novos Valores, 2015
Segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2016
Premio Planeta GZ, premio Universidade de Vigo
Segundo premio Festival de Cans 2017
Mención de honor, Premio Campos Clinicae, 2017