Andrea

Torres

Imagen destacada
¡BOOM! (formas de violencia) Instalación | cerámica | dimensións variables | 2017

É unha instalación escultórica no chan, composta por unha serie de pezas cerámicas, que mediante unha linguaxe poética, denuncia a violencia da guerra. Enfrontámonos a unha sociedade na que hai moitísimas “formas de violencia” e é necesario tratalas desde o campo da arte. Denuncias acedas e ao mesmo tempo harmoniosas para poder plasmar o cru do que se representan e que son unha constante nos meus proxectos. Por iso, ‘Boom!’ constrúese ironicamente a través de formas naturais como as das coliflores, que pola súa semellanza visual coas explosións contribúen na súa representación dando lugar a este xogo de formas e significados, onde algúns parecen estar a xogar, sementando medo e destrución.

Descargar Catálogo en PDF

Andrea Torres (Marín, Pontevedra, 1993)
Graduada en Belas Artes, pola Universidade de Vigo. 2011-2015. Máster en arte contemporánea, creación e investigación. 2015-2016. Doutoranda en Belas Artes.
- Proxecto ACAMPA (POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO). Sala de exposicións Salvador de Madariaga. A Coruña. 2017
- Proxecto táctil. Arte para tocar. Casa das Campás. Vicerreitoria do Campus de Pontevedra. 2017
- Seleccionada para el BETAFEST. I Festival de video arte de Betanzos. Cine Alfonsetti. 2017
- Proxecto ATALAYA, Noroeste. Auditorio de Cangas do Morrazo. 2017
- Participación na acción múltidisciplinar, SINCROONIZA. Cine Adriano (Barallobre. Fene 2016)
- Iso segue o seu curso. Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. 2016
- Comisariado do proxecto Palabra de artista (Pontevedra, Vigo, Santiago, Lugo e A Coruña 2016)
- Do final e do comezo. Pazo da Cultura de Pontevedra. 2015
- Libro de Artista. Sala Sargadelos de Pontevedra. 2014
Premios e bolsas
- Bolsa para asistir al VII Encontro de Novos Artistas de Santiago de Compostela (2017)
- Bolsa enmarcada no programa Iniciativa Xove para o comisariado do proxecto Palabra de artista (Xunta de Galicia, 2016)
- Bolsa tipo PC para a formación complementaria do alumnado nos distintos campus da Universidade de Vigo nos sistemas informáticos e na aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións. 2015-2016
- Primeiro premio na modalidade de vídeo experimental. XIII Concurso de creación audiovisual convocado pola Universidade de Vigo. 2015