Ana

Pérez

Ventura

Imagen destacada
12 Études Acrílico sobre lenzo | 158 x 172 cm | 2014-2017

Na miña obra plástica, a miña experiencia coa música e como pianista clásica ten unha grande importancia. Pasei innumerables horas repetindo exercicios, repetindo pasaxes de partituras que se converten en xestos sobre o instrumento, ata dominalos. O proceso de aprender unha obra musical é algo lento, o corpo necesita interiorizar todos os movementos e iso conséguese mediante a repetición. Todo ese traballo ao final é efémero, acaba desaparecendo, en cambio na pintura todo o tempo que invistas queda aí, gravado. A miña obra nace dun intento de atrapar ese tempo. Investigo as relacións entre o tempo e o espazo a través da repetición. Interésanme as diferentes variacións que se producen inevitablemente en cada repetición. Quero facer un rexistro orgánico do paso do tempo, como un metrónomo humano. Na miña obra o proceso de creación é un elemento importante. O devandito principio vese reflectido directamente nos meus études (estudos). Un estudo é (en música) unha peza de carácter didáctico, destinada a traballar un problema técnico específico (un xesto concreto). Debido a isto teñen unha escritura moi repetitiva. Por causas anatómicas, a maior parte dos xestos utilizados no piano son de natureza circular. Nos meus Études repito de maneira ordenada, enchendo todo espazo pictórico, un xesto rítmico repetitivo circular que vai trazando unha liña continua, deixando unha pegada na superficie pictórica. Continúo co proceso en distintas capas, estratos, que son, á súa vez, unha nova forma de mostrar a pegada do paso do tempo. Levo tempo querendo traballar nunha serie de doce estudos. Hai moitos compositores que escribiron estudos en grupos de doce: Chopin, Debussy, Scriabin etc. Así que en 2014 decidín pintar doce teas coas doce cores do círculo cromático como fondo. Os lenzos quedaron nun recuncho do meu taller ata este ano, no que ao fin rematei a obra.

Descargar Catálogo en PDF

Ana Pérez Ventura (Santiago de Compostela, A Coruña, 1981)
2009-2011 Universidade Sorbonne-Paris IV | Máster en música | Especialidade música e artes plásticas
2003-2008 Conservatorio Superior de Música de Vigo | Título Superior de Música | Especialidade piano
1999-2004 Universidade de Vigo | Licenciatura en Belas Artes | Especialidade Pintura

Premios e bolsas
2014 Premio da revista Artension | Salon des Réalités Nouvelles 2012 Bolsa II Encontro de Artistas Novos | Cidade da Cultura de Galicia 2010-11 Bolsa Fundación Pedro Barrié de la Maza 2009-10 Bolsa Fundación Segundo Gil Dávila 2003-04 Bolsa Séneca | Facultade de Belas Artes de Barcelona

Exposicións individuais
2017 La mesure du Temps | H Gallery | París 2014 Vibrations | Galerie Artemper | París 2013 Espace et répétition | Maison des Étudiants Suédois | Cité Internationale Universitaire de Paris 2012 Le temps comme espace | Maison de la Recherche de l’Université Paris-Sorbonne | París 2010 Études | Colegio de España | Cité Internationale Universitaire de Paris
Exposicións colectivas
2017 RN Hors les Murs | Château de la Veyrie | Bernin (Francia) 2016 Réalités Nouvelles 70 ans [4|4] | Abstract projet | París Salon des Réalités Nouvelles | Parc Floral | París Harmonies constructivistes | Galerie Sisso (comisarias: Hélianthe Bourdeaux-Maurin & Margaux Wetzer) | París Réalités Nouvelles 70 ans [2|4] |Abstract projet | Paris 50 Negros – Misha Bies Golas | Universidade Politécnica de Valencia | Valencia 2015 Salon des Réalités Nouvelles | Parc Floral | París 2014 RN Hors les murs | Guoyi Art Museum | Beijing (China) | Salon des Réalités Nouvelles | Parc Floral | París | La Vietnamita | Espacio OTR (comisario Marlon de Azambuja) | Madrid | 8º Premio Auditorio de Galicia | Santiago de Compostela 2013 Salon des Réalités Nouvelles | Parc Floral | París | NordArt 2013 | Kunstwerk Carlshütte | Büdelsdorf (Alemaña) |XI Bienal Pintor Laxeiro | Museo Ramón María Aller | Lalín