Amine

Asselman

Imagen destacada
Exposed Pracas de aluminio sublimadas / 120 x 90 cm / 2017

Vivimos nun mundo capitalista, que propuxo ‘a globalización’ como solución aos conflitos da humanidade, unha solución que pretendía abrir fronteiras, pero o que conseguiu realmente foi levantar muros e valos. Unha cultura de fronteiras que forma parte do noso desenvolvemento tal e como nolo explica Reviel Netz no seu libro Alambre de púas. Una ecología de la modernidad..

As fronteiras non son só esas barreiras que separan países en conflito, xa sexa económico ou político... As fronteiras atópanse dentro dun mesmo país ou mesmo cidade. A urbanización actual xera novas formas de mobilidade pero tamén xera fronteiras entre o centro e a periferia, no seu libro Por una antropología de la movilidad Marc Augé fálanos da cidade globalizada onde se ven todas as contradicións do desenvolvemento urbano, cada vez máis marcado polas desigualdades, as barreiras espaciais e a separación entre clases.

Exposed (que significa «exposto» ou «expostos») é unha fotografía dunha cámara de vixilancia, similar á que se usa nos pasos fronteirizos, colocada na esquina dun muro. A imaxe recolle dous elementos (o muro e a cámara de vixilancia) que remiten á separación e ao control fronteirizo, pero o máis importante nesta fotografía é a disposición da cámara de vixilancia que está a apuntar á beira exposta ao sol. Unha ilustración do control globalizado que vivimos hoxe en día, xa sexa nos pasos fronteirizos ou nas nosas propias cidades. A fotografía reflicte como actualmente estamos expostos a unha vixilancia continua por entidades practicamente descoñecidas que se manteñen na «sombra» co fin de vendernos seguridade a través do medo e a cambio da liberdade. En certo xeito, esta fotografía ofrece unha certa interactividade co público grazas á técnica e aos materiais usados para a súa elaboración. Trátase dunha fotografía composta por placas de formato A4 de aluminio reflectores nas que están impresas partes da foto. A4 é un formato formal que me estou impondo cada vez máis pola facilidade de transporte que me permite nos pasos fronteirizos. Este acabado fai que a foto funcione como un espello no que nos vemos reflectidos ou mesmo vixiados por nós mesmos se lle tentamos sacar unha foto á peza. Interactuar coa obra pode levar ao espectador cara a un xogo de ‘vixilancia’ a través de preguntas como: quen vixía a quen?, a que nos estamos expondo? ou realmente necesitamos tanta seguridade?...

Amine Asselman (Toulouse, Francia, 1989)
2015: Estudos de doutoramento creación e investigación en arte contemporánea, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, Pontevedra.
2014 - 2015: Mestrado de Arte Contemporánea. Creación e Investigación, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, Pontevedra.
2009 - 2013: Licenciado en Belas Artes, sección de deseño publicitario, Instituto Nacional de Belas Artes, Tetuán, Marrocos

Exposicións
2017
– Estética fronteriza I, Fábrica de Identidade, Museo de Pontevedra, Pontevedra.
– Estética fronteriza I, Bajo el Efecto Borde, Sant Andreu Contemporani, Barcelona.
2016
– 40 días en la frontera, The Waiting Room, Pontevedra.
– Frontera cultural. Cultura fronteriza, saída Art Contemporain, Estampa 2016, Madrid.
– Connected, MULAFEST 2016, IFEMA, Madrid.
– Horizontes Inaccesibles, UFOFABRIK, Contemporary Art Ruhr, Essen, Alemaña.
Residencias e bolsas
– Participación no III Encontro de Artistas Novos, do 9 ao 13 de setembro de 2013, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

Premios e concursos
– Seleccionado para as xornadas e exposición IDENTITAS(LAB) 2017 co proxecto DULB, Art Mustang Gallery, Elche, Alicante.
– Gañador do Premio Labora Essen 2016 UFOFABRIK Contemporary Art Gallery, Italia.
– Gañador do Premio Concello de Santiago da Feira de Arte Contemporánea Cuarto Público, marzo 2016, Santiago de Compostela.
– Premio de excelencia académica, doutoramento 2015-2016, Universidade de Vigo.
– Seleccionado para o IX Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, Santiago de Compostela, 2015-2016.
– Finalista no concurso de fotografía Sin Fronteras da Alliance Française de Madrid, coa obra Paisaje invadido (1), 2015, Madrid

Publicacións
– Asselman, Amine (2017) “Zellige y creación contemporánea: la visión mística de Younes Rahmoun.” Revista Estúdio, Artistas Sobre Outras Obras ISSN 1647-6158 e-ISSN 1647-7316. 8, (17) xaneiro-marzo. 119-126.