Aarón

Sanromán

Imagen destacada
Soluble I Metacrilato líquido, resina epoxi, acrílico | 105 x 125 cm | 2017

O soluble refírese a toda cousa que poida disolverse ao mesturarse co líquido, como pode ser a cor e a luz na auga. Por iso a obra non trata só da aparencia, da teorización do comportamento dos elementos principais que compoñen a realidade, senón dese longo camiño percorrido pola pintura. Unha evolución narrada nesta peza pola temporización que marca a pintura ao disolverse, na conversión física dun obxecto sólido de cor pura, nun líquido móbil desfacéndose, desintegrándose nos diferentes tons e filtros que compoñen as cores de partida. Nun proceso de regresión, presenciamos nesa caída o que pode traducirse nun acto de rebeldía contra o estatismo e a represión dos elementos impostos.

Esta obra “líquida” loita porque o seu estatismo individual poida solidificarse e permanecer coma un ben duradeiro. Un reflexo dunha sociedade no que as tradición e os costumes xa non perduran e rexen a nosa vida.

Descargar Catálogo en PDF

Aarón Sanromán (Vigo, Pontevedra, 1985)
Exposicións individuais
2018 HÍBRIDO. Zona “C” (Santiago de Compostela) (en preparación)
2017 Eaux d´artifice. Mirat&Co Gallery (Madrid)
2016 VACACIÓN. CEART (Centro de Arte Tomas y Valiente) (Madrid)
2015 MANANTIAL. Fundación Casa Pintada – Museo Gabarrón. (Murcia)
MANANTIAL. Instalación en casa deshabitada (Madrid| Bilbao| Barcelona|Lisboa)

Exposicións colectivas, premios e bolsas
2017 ARTMarbella 2017. Mirat&Co. Gallery (Marbella)
Foundation François Schneider (Wattwiller, FRANCIA)
JUSTMAD8. Mirat&Co Gallery (Madrid)
2016 I Encontro de Artistas de Castilla y León. (Fundación Villalart)
FLASHES. Comisariado por Sandra Gómez (La Carolina, Xaén)
4º Premio Mardel - Adquisición (Alacante)
IX Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)
2015 Premio Novos Valores - 4 º Premio. (Deputación de Pontevedra)
EANV (5º Encontro de Artistas Novos) comisariado por Rafael Doctor (Santiago de Compostela)
18º Bienal de Cerveira (Vilanova de Cerveira, Portugal)
Encuentros de Arte Contemporáneo (EAC XV) (Alacante)
The OTHER FAIR. Victoria House. (Londres, U.K.)
La NEW FAIR. Comisariado por Semíramis González. La New Gallery (Madrid)