Verónica Vicente

Unha estratexia da aparencia II. Gris pedra.
2011

Fotografía dixital /
papel baritado sobre dibond
60 x 90 cm

[+]

Vemos
sen mirar, aceptamos
sen pensar.
Un mesmo patrón viste
a multitude [+]

Verónica Vicente

Tomiño, Pontevedra, 1988

Formación 2010/11: Máster Internacional de Fotografía. Concepto e Creación. EFTI, Madrid. Talleres con Olaf Martens, Peter Bialobrzeski e Matt Siber. Seminarios impartidos por Ciuco Gutiérrez, Miguel Oriola, Eugenio Ampudia, Alejandro Castellote, Jesús Micó, Santiago B. Olmo, Carmen Dalmau e Manuel Vilariño, entre outros

/2006/10: Grao en Belas Artes. Universidade de Vigo. Facultade de Pontevedra.

Bolsas e premios 2011: Premio Novos Valores 2011 de Pontevedra. Modalidade de fotografía / Obra seleccionada no X Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense /2008/09: Erasmus. École Supérieure des Beaux-Arts. Angers, Francia.

Exposicións colectivas 2011: Retratos. Una exposición fotográfica. Photoespaña 2011. Círculo de Belas Artes, Madrid / Colectiva Máster EFTI. Photoespaña 2011. EFTI, Madrid /2010: Aquí estamos nós. Área panorámica de Tui, Pontevedra. Traballo fin de grao 2010. Facultade de Belas Artes de Pontevedra. [Catálogo.]

Experiencia 2009: Voluntaria na XV Bienal Internacional de Arte de Vila Nova da Cerveira, Portugal /2008: Voluntaria no Encontro-Feira do Proxecto Edición. Pazo da Cultura, Pontevedra.

Publicación: A non historia das escaleiras.
A Nosa Terra. Nº 1416

Cos seus grandes e monótonos edificios, a cidade atrápanos e engúlenos. Non somos nada nin ninguén ante os ollos da grande urbe contemporánea. O monótono gris formigón expándese por todos os lados e fainos practicamente invisibles. A sociedade perde os seu selo persoal, a súa identidade; un libro sen portada, unha cara sen rostro. Ausentes, durmidos e alienados, vivimos obsesionados co tempo ata límites verdadeiramente absurdos estruturados en cíclicas rutinas de produción e consumo.

Vemos sen mirar, aceptamos sen pensar. Un mesmo patrón viste a multitude; auténticos clons, irmáns xemelgos. Somos mercadoría e obxectos fabricados en cadea. Cidades de grandes embotellamentos e aglomeracións, sociedade de inmensa soidade e illamento. Incomunicación absoluta aínda estando rodeado de xente no metro. Non hai descanso, o tempo acelérase. Como máquinas programadas, non nos pertencemos. Non dá tempo a coñecernos nin a recoñecernos. Creación dun abismo interior, herdanza perdida.

Continuas mudanzas de maletas baleiras en espazos intercambiables, impersoais. Crecemento en aumento de non lugares: anónimos espazos mudos carentes de historia. Un mundo sen chaves nin contrasinais, un mundo colapsado polo ir e vir. Non queda rastro, as nosas pegadas deslízanse polo desgastado chan. Unha agulla nunha palleira, unha identidade extraviada.