Tamara Feijoo

Fábulas ascéticas (en verso castellano)
[Fábulas ascéticas (en verso castelán)]
2011

Instalación (Témpera sobre papel /
tinta chinesa sobre parede)
120 x 60 cm aprox.

[+]

Ao xeito das representacións naturalistas decimonónicas, continúo explorando as miñas propias fobias [+]

.

Tamara Feijoo

Ourense, 1982

Tamara Feijoo Cid nace en Ourense en 1982 e estuda Belas Artes na Facultade de Pontevedra onde actualmente realiza a súa tese de doutoramento. O seu traballo comeza a ser recoñecido a partir de 2006 cando obtén un accésit no V Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense coa súa obra Special Days. Dous años máis tarde, en 2008, obtén a bolsa Novos Valores da Deputación de Pontevedra, en 2009 recibe un accésit no Sexto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009 e en 2011 obtén o segundo premio no X Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense e concédeselle unha bolsa de creación artística no estranxeiro Fenosa Gas Natural.

Das súas exposicións colectivas destacan Oito_artistas.gal, que se mostrou durante os años 2008-2009 de maneira itinerante no Centro de Arte Joven de la Comunidad de Madrid, na Universidade de León, en Maus Hábitos de Porto (Portugal), no Centro Cultural La Mercê de Girona e na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. En 2010 participa na colectiva Artificialia, na galería Marisa Marimón (Ourense) e en 2011 participa en dúas mostras comisariadas por Nono Bandera: A misteriosa tropa de mans flotantes, no Centro Torrente Ballester de Ferrol e Soy tan loser que ni los feos me quieren, na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

De xeito individual estivo presente en tres exposicións, a titulada Trofeos en 2008 na Sala Alterarte do Campus Universitario de Ourense, Tengo un plan secreto para conquistar el mundo na Galería Casaborne de Málaga en 2009 e en 2010 Doppelgänger para a Galería Estampa (Madrid).

tamarafeijoo.carbonmade.com

.

Fábulas ascéticas (en verso castelán) é unha instalación que consiste nun debuxo mural dun tronco de árbore en augada de tinta chinesa sobre a parede e dous debuxos a témpera sobre papel, que van superpostos ao mural e o complementan.

Ao xeito das representacións naturalistas decimonónicas, nesta peza continúo explorando as miñas propias fobias en relación coa fascinación morbosa que moitas veces sinto pola natureza “sen domesticar”, esa que nos sorprende con todo tipo de seres asombrosos pero que nos producen certa aversión –paxaros, insectos, vermes, ratas, morcegos, por nomear só uns poucos— ese tipo de vida exsudante, babosa, viscosa, formiguexante e “anormal” que non podemos deixar de admirar e repeler ao mesmo tempo. Trátase dunha relación sinistra que se pon de manifesto na presenza do dobre, do outro eu, ou cando o fantástico (o desexado, o oculto) se converte no real e viceversa.