Rosendo Cid

Da serie "Obxectos Espontáneos"
2011

Fotografía
31 x 34 cm c/u (8 fotografías)

[+]

No momento de fotografalos hai un evidente intento de magnificar e facer visible a pequenez e a simplicidade [+]

Rosendo Cid

Ourense, 1974

Exposicións individuais 2011: Yo, que tantas pinturas he intentado ser y otros collages. Galería Metro. Santiago de Compostela /2010: Anotacións

sobre o cadrado negro. Casa da Xuventude. Ourense /2007: Un minuto de arte (aprox.) Centro Cultural Deputación de Ourense /2005: Esculturas dun minuto. Sala Alterarte /2004: From Vigo to Porto (42 Proxectos e 1 Manifesto). Extéril. Porto.

Exposicións colectivas 2010: Intervención con María Chenut no parque Pierre Paulus.

Parcours D´artistes Saint-Gilles. Bruxelas /2007: Galería Bacelos. Vigo /2005: De orilla a orilla. Ca Revolta. Valencia /2006: Ant-Art. (9-15 febreiro, ANT nº 1210). Proxecto de Xosé Manuel Buxán Bran para o xornal A Nosa Terra /2004: Zona de Exclusio. Galería Por Amor à Arte. Porto. Portugal /2002: Plugged/Unpluged, Centro de Arte Joven.Madrid /2001: Trompe-la-memorie. Dispositivos de temporalidad y puesta en escena. Fundación Luís Seoane. A Coruña.

Textos publicados 2011: Seis textos para as últimas seis exposicións da tempada 2010, comisariada por Ignacio García Gómez del Valle no catálogo-libro Sala Alterarte 2007-2010/2003: Resistencia de los objetos (Continuación), coautor con Mónica Ortúzar e Ignacio Barcia. Colección Arte e Estética. Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra.

www.rosendocid.com

Obxectos Espontáneos é unha serie fotográfica que se produce a partir doutras series anteriores cuxo nexo común é o interese polo obxecto. A diferenza con estoutros traballos deriva de que nesta serie se empregan obxectos desbotados e de escasa significación e utilidade para combinalos de maneira

sinxela, nada complexa e cunha mínima manipulación, en dous elementos por peza, rozando nalgúns casos a idea do obxecto atopado. No momento de fotografalos hai un evidente intento de magnificar e facer visible a pequenez e a simplicidade.