Noemí Lorenzo

Mantra. Yo madrugo para ser inútil
durante más tiempo
[Mantra. Eu madrugo para ser inútil
durante máis tempo]
2011

Intervención sobre muro
100 x 250 cm

[+]

Series de repeticións que se dan na historia das diferentes relixións [+]

Noemí Lorenzo

Mugardos, A Coruña, 1983

Nacín hai vinte e oito anos nunha aldea coñecida como O Seixo, aló polo mes das flores. Axiña comecei con isto de enredar coas artes e, con nove anos, empecei a ir a clases con Dulce Anca.
Con ela seguín até os 18 anos, cando decidín
que Belas Artes era unha boa opción e aló que me fun a Pontevedra. Unha vez lincenciada decidín seguir a darlle voltas á cabeza e obtiven o DEA

no ano 2008. Agora teño que rematar a miña tese Lugares donde el creador crea. Desde comienzos del siglo XX hasta la actualidad.

O ano seguinte fun tirando de novo cara ao norte,
a Betanzos, facer o VII Máster sobre obra gráfica.
E sigo a enredar con este xeito de facer. Así, este agosto viaxei a Arteleku para un curso co mestre litógrafo Don Herbert. Entre todos estes avatares vitais, estiven a expoñer en diferentes sitios e circunstancias. Mencionables, neste ano 2011,
a IV Bienal Iberoamericana de Obra Gráfica Cidade de Cáceres, Novos Valores 2011 da Deputación de

Pontevedra, o 31er Mini Print Internacional de Cadaqués 2011, os XVIII Premios Nacionais de Grabado do MGEC de Marbella e Palabras de ida e volta, revista MásdeArte e La Isla dentro de ARCO, Madrid.

A nivel individual sinalaría Especies de espacios, Galería Molduarte e Hotel Herbeira, Cedeira; I Have a dream, Club de Tenis de Redes, Ares; Recantos-Ecken, exposición coa artista e amiga Inga Scheibel, sala de exposicións do edificio Liceo, Betanzos.

E por agora, isto é todo, aínda que pretendo seguir dando a lata coas miñas teimas e seguir a fuchicar cos meus enredos.

Seguindo a estela de Francis Alÿs e a súa peza , Cidade de México, 1997; presento Mantra. Yo madrugo para ser inútil durante más tiempo, unha intervención sobre muro, unha estampa da frase repetida lembrando as series de repeticións que se dan na historia das diferentes relixións (mantra no budismo, rosario na relixión católica…) como a esas copias castigo que tantos de nós fixemos durante o colexio e que acaban por volverse un automatismo máis non unha introspección que nos axude a interiorizar e a corrixir os erros cometidos.