Miriam Cartagena

Strassenräume
2011

Fotografía analóxica 35 mm
Lambda Kodak Endura sobre metacrilato
+ ps (Película cor redscale XR)
40 x 60 cm c/u

[+]

Cada obxecto ten a súa propia historia e por iso unha desinencia que chama a miña atención [+]

Miriam Cartagena

Valencia, 1986

Formación 2010-2011: Bolsa Erasmus. Prácticas durante os meses de xullo, agosto e setembro. SAVVY Contemporany, Berlín / Mestrado arte contemporánea, creación e investigación. Universidade de Vigo, Facultade de Belas Artes. Pontevedra /2009-2010: Licenciada en belas artes,

Universitat de Barcelona / Bolsa Séneca, Universidade de Vigo, Facultade de Belas Artes de Pontevedra / Bolsa idiomas: American Language Communication Center, Nova York, EUA. Período: 4 semanas, outubro.

Exposicións colectivas 2011: Elixida para a exposición IKAS-ART 2011 (Novembro de 2011) / II Totem Revolution. Festival Transforma, Praza da Estrela. Vigo, Pontevedra / TFM #0, Traballo final de máster /2010-2011: Sala de exposición da Xunta de Pontevedra / Dende as rúas da memoria: fotografía e espazos públicos en Pontevedra. Pazo da Cultura de Pontevedra / X Bienal de Lalín Pintor Laxeiro / Dieciocho unos. Sala Sargadelos, Pontevedra.

Publicacións: Revista #1 IKAS-ART, 2011 / Catálogo X Bienal de Lalín Pintor Laxeiro, 2011 / Catálogo da XV Mostra ArtJove 2010 de Pontedeume.

miriamcartagena.blogspot.com

Strassenräume

Strassenräume é a continuación da serie sobre os Espazos ambulantes realizada en Pontevedra no ano 2010.

Strassenräume son fotografías tomadas en Berlín, durante unha estadía de tres meses en 2011. Un proceso documental e de arquivo, como Espazos ambulantes, pero esta vez a través de distintas tipoloxías e obxectos ambulantes. Trátase de realizar o mesmo proceso nun contexto diferente. De todo o arquivo, escollo unha pequena colección organizada a partir das miñas propias contribucións e

elaboracións. A través destas experiencias visuais vanse formando series heteroxéneas e descontinuas nas que a linguaxe se transforma en obxectos, fotografías e imaxes do mundo cotián. Determino varios factores, tales como a presenza do obxecto, a súa migración e o baleiro que xera dentro do seu propio contexto. Cada obxecto ten a súa propia historia e por iso unha desinencia que chama a miña atención. Polo tanto, trátase de espazos fráxiles que están a vagar buscando chamar a atención dun estraño.