Mauro Trastoy

Cuadro para peinar
[Cadro para peitear]
2011

Bastidor, arpilleira e corda de cánabo
145 x 150 x 12 cm

[+]

Cadro para peitear

Mauro Trastoy

Ferrol, 1971

Licenciado en belas artes pola Universidade de Salamanca.

Uns comezos artísticos enfocados na pintura foron dando paso a unhas solucións máis matéricas e espaciais, empezando a cobrar importancia na obra o propio proceso de creación.

Nestes últimos anos, o seu traballo oriéntase cara a procesos manuais reiterativos, explorando as posibilidades de materiais como o papel, o arame, a cinta illante ou a corda de cánabo. Despois dun período con certas doses experimentais está agora centrado no proxecto Cuadro para peinar, no que incorpora aspectos humanos ao obxeto-cadro (créanse para ser peiteados).

Entre as súas exposicións individuais destaca "Un dibujo (II)" na galería Sargadelos (A Coruña, 2009) e "Un dibujo" na galería Espacio 48 (Santiago de Compostela, 2008). Tamén a instalación titulada "1.388.253 puntos” na Zona C (Santiago de Compostela, 2007).

Das súas mostras colectivas salienta “#negro” no Espazo de Intervención Cultural NORMAL (A Coruña, 2011) e a intervención Rara Avis, na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (proxecto incluído na exposición "O debuxo por diante" e coordinada polo CGAC, Centro Galego de Arte Contemporánea. 2007).

Coa galería Marisa Marimón de Ourense particiou nas feiras Espacio Atlántico, Art Santander, Arte Lisboa, Art-Madrid e Art Salamanca, traballando con ela dende o ano 2008.

www.trastoy.com