Marta Fortes

Sen título
2011

Acrílico sobre lenzo
89 x 116 cm

[+]

O presente é un cadro que parte do branco como contedor dunha figura colorista [+]

Marta Fortes

Pontevedra, 1980

Formación académica 2011: Máster universitario en arte contemporánea, creación e investigación. Universidade de Vigo /2007: Licenciada en belas artes. Facultade de Pontevedra. Universidade de Vigo.

Cursos e talleres 2011: I Encontro de artistas novos Cidade da Cultura. Santiago de Compostela /2010: En el lugar. Taller de pintura. Impartido por Ignacio Pérez-Jofre. Centro de Gravedad Permanente. Vigo.

Premios e bolsas 2011: Premio pintura. José Fernández López. Novos valores 2011. Deputación de Pontevedra /2009: Bolsa Argo. Taller do escultor José Noguero. Berlín /2006: Bolsa Erasmus na Universidade de Kingston, Londres.

Exposicións colectivas 2011: Miniaturas. Sala X. Sala de exposicións do Campus de Pontevedra / Novos valores 2011. Museo de Pontevedra / 8º Biennale Internationale de Gravure Contemporaine MAMAC. Liège. Bélgica / X Bienal Internacional Pintor Laxeiro. Museo de Lalín. Pontevedra /2010: Dieciocho unos. Sala Sargadelos. Pontevedra /2009: Kaputtes Rad. Zimmer 30. Berlín. Alemaña /2007: Knigths Park, Kingston, Londres.

A obra presentada forma parte dunha serie de
pezas que tratan sobre a temática do tempo de ocio.
O presente é un cadro que parte do branco como contedor dunha figura colorista, polo que crea a conseguinte descontinuidade entre contedor e o contido.

O máis sobresaínte do cadro é ese fondo branco que ben actúa como borrador de elementos e por tanto tamén como descontextualizador, ou ben, dá lugar a que o espectador imaxine máis alá do que este branco nos oculta e do baleiro que orixina.