María Blanco

Sen título
2011

Escultura
89 x 92 cm

[+]

Non sempre somos conscientes desta paisaxe artificial, seguimos coa idea romántica da paisaxe [+]

.

María Blanco

A Coruña, 1982

2007-2011: Cursando doutoramento en creatividade aplicada Universidad Complutense de Madrid /2006-2007: Máster en deseño téxtil e de superficies Istituto Europeo di Design (IED), Madrid /2001-2006: Licenciada en belas artes Universidade de Vigo.

Exposicións individuais 2009-2008: Arreglando, Campus Universitario As Lagoas, Universidade de Vigo.

Exposicións colectivas 2011: Novos valores, Deputación de Pontevedra / X Concurso internacional de artes plásticas, Universidad de Zaragoza / Exposición 9 Premio Climent Muncunill Roca, Ajuntament de Manresa, Cataluña / X Concurso artes plásticas, Gobierno de Cantabria /2010: Object Art Projects, Galería Metro, Santiago de Compostela.

Publicacións 2010: Ilustracións no libro Todo sobre el diseño de moda hoy. Ed. Mao Mao

BOLSAS de PLÁSTICO

Encontrámonos nun punto no que o plástico rodea o noso contorno. A relación que se establece con el é máis estreita do que quizais nos gustaría: está sobre a nosa pel, nas pezas que adoramos ou en instrumentos para salvarnos.

Non obstante, non sempre somos conscientes desta paisaxe artificial, seguimos coa idea romántica dunha paisaxe de bosques sen elementos artificiais e, porén, resúltanos máis familiar un contorno de cores e formas prefabricadas. Quizais o concepto de paisaxe está sendo reconfigurado e o que nun principio está máis cerca (acorde coa nosa natureza), en realidade está moi lonxe.

Seguindo coa liña conceptual do meu traballo, a obra presentada versa sobre como son vividos os obxectos, concretamente as bolsas de plástico. Non se trata do obxecto definido segundo a súa función senón de procesos a través dos cales as persoas entramos en relación con este tipo de bolsas e toda unha sistemática de condutas que resultan desta interacción. Nalgúns casos, as relacións afectivas de unión chegan a ser eminentemente físicas como é o caso das coroas funerarias, que materializan a necesidade de ritual para superar a fin. Aínda que o plástico foi liberado da súa función, si responde á necesidade de perdurabilidade que permite este elemento, para así fabricar o noso propio loito que durará máis que calquera elemento biolóxico.