Marcos Covelo / M8K8

Sen título (serie Muriños)
2011

Materiais de maquetación
(ladrillo, cemento,
variña de metal) e aerógrafo.
9,3 x 16 x 5 cm c/u

[+]

"Apoderarse das formalizacións da vida cotiá,
de todas
as obras do patrimonio mundial,
e facelas
traballar" [+]

Marcos Covelo

Vigo, Pontevedra, 1985

Licenciado en Belas Artes, Universitat de Barcelona.

Formación 2010-2011: Bolsa ERASMUS-prácticas, Savvy Gallery, Berlín / Mestrado en arte contemporánea, creación e investigación. Universidade de Vigo, Facultade de Belas Artes de Pontevedra /2009-2010: Licenciado en belas artes, Universitat de Barcelona / Bolsa Séneca, Universidade de Vigo, Facultade de Belas Artes de Pontevedra /2007-2009: Intercambio cultural Inglaterra-China, participante nas conferencias de “Media, Art Production” (China) /2006-2007: Bolsa Erasmus, Coventry University Art-Desing (U.K).

Exposicións colectivas 2011: Bienal de Vilanova de Cerveira (Portugal) / TFM Fundación RAC, (Pontevedra) / Premio Isaac Díaz Pardo, Deputación da Coruña, (A Coruña) / X Bienal de Lalín Pintor Laxeiro / Dieciocho unos. Sala Sargadelos, (Pontevedra) /2010: Novos valores 2010. Museo de Arte Contemporánea de Pontevedra. (Pontevedra) / IKAS-ART, Mostra de Arte Universitaria, (Bilbao) /2009: Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense, (Ourense).

Premios: Bolsa-premio Novos valores 2010 (José Fernandez López), Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2010 / 3º premiado no Certame de artes plásticas da Deputación de Ourense, Ourense, 2009.

Publicacións: Catálogo X Bienal de Lalín Pintor Laxeiro, 2011 / Revista #0 IKASART, 2010 / Catálogo Novos valores 2010 / Catalogo VIII Certame de artes plásticas Deputación de Ourense, 2009.

Se tivese que resumir en tres palabras o traballo presentado estas serían: apropiación, post-producción e seriación.

Hai algún tempo convertinme nun neurótico cazador de imaxes urbanas. Esta fixación levoume a crear un arquivo completo de imaxes, separadas en distintos grupos, desde azulexos ata paredes da rúa. Sen título (serie Muriños) comezou, como dixen antes, a partir dunha captura obsesiva de imaxes de toda a

xeografía galega. A maioría das imaxes son paredes urbanas con frases escritas de ámbito político, social, relixioso, etc. Todos comparten un foco irónico e rematan converténdose nunha especie de radiografía da nosa sociedade. De todo este álbum, algunhas fotos son escollidas para ser reinterpretadas a través de distintos materiais. Trátase de materializar a fotografía, convertela nun obxecto, dándolle unha maior presenza e estadio á hermeticidade e distancia da imaxe.

A mediados do S. XIX Duchamp, co seu ready-made, permítenos entender a relación que existe entre a noción de algo manufacturado e a elección e manipulación del como reinterpretación de algo xa existente. Apóiome no que di Nicholas Bourriaud cando se refire á apropiación como "a primeira fase da post-producción." Dende elementos distintos para crear un novo concepto e forma do que xa existe. Este proceso axuda a eliminar a tradicional

distinción entre produción e consumo, creación e copia, ready-made e a obra orixinal. A materia que manipulo non é pura e, como di Bourriaud, trátanse de –materiais xa informados– ou sexa, trátase de información que se está a mover no mercado cultural, polo tanto deixa de ser unha materia prima. "Trátase de apoderarse de todas as formalizacións da vida cotiá, de todas as obras do patrimonio mundial, e facelas traballar". Polo tanto, é tamén saber apropiarse desas formas e chegar a habitalas. Unha apropiación precisa e consecuente.