Manuel Eirís

# 32 [Da serie Calypso e outras]
2011

Óleo sobre pano de limpeza
Medidas variables (6 elementos)

[+]

A cor da mestura é unha cor de síntese, a síntese dun día de traballo, de reflexión, unha cor que xa non é nova do trinque [+]

Manuel Eirís

Santiago de Compostela, A Coruña, 1977

Formación 2009-11: Máster en belas artes (MFA), AKV St. Joost, ´S-Hertogenbosch, Holanda /2007-09: Projecto individual, Centro de arte e comunicação visual Ar.Co, Lisboa /2003-04: Curso de capacitación docente (CAP), Universidade de Santiago de Compostela /1998-03: Licenciado en belas artes por la Universidade de Vigo / Diversos cursos de formación e talleres: Eduardo Arroyo, Ángela Ferreira, Esther Ferrer, Valcarcel Medina, Rob Scholte, Antonio Olaio, Joao Gusmao y Pedro Paiva, Georges Rousse, Ignasi Aballí, etc.

Bolsas: Bolsa de posgrao da Fundación Pedro Barrié de la Maza para estudar na AKV St. Joost / Bolsa de ampliación de estudos artísticos da Deputación da Coruña, (renovación) Ar.Co / Bolsa de ampliación de estudos artísticos da Deputación da Coruña, Ar.Co / Bolsa Goethe Institut, Berlín 2009 / Bolsa Séneca (5º curso de belas artes na Universidade de Granada) / Bolsa Sócrates-Erasmus (4º curso de belas artes na Universidade de Koblenz-Landau, Alemaña).

Experiencia docente e de cara ao público 2010: Taller de dúas semanas “make it happen” en colaboración coa Rijks Akademie de Amsterdam / Impartiu o taller para nenos/as, “Os restos do lapis”, CGAC 2008 / Prácticas CAP, IES Pontepedriña, Santiago de Compostela, 2004 / Colaborador de actividades no Centro Sociocultural das Fontiñas, Santiago de Compostela 2005-6.

Premios 2007: 1º Premio no Quinto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2007/ Premio do público no Quinto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2007 /2006: Accésit, Premio de fotografía Injuve /2003: Premio de adquisición, Premio de Pintura Isaac Díaz Pardo.

Exposicións individuais 2011: Galería SCQ, Santiago de Compostela /2009: Puntos de Encontro II, Marco de Vigo. Espazo Anexo Comisaria: Agar Ledo /2008: Zona C. Concellaría de Cultura, concello de Santiago de Compostela.

Exposicións colectivas 2011: Arte Lisboa galería SCQ / Espacio Atlántico (Vigo) galería SCQ /2010: Espacio Atlántico (Vigo) galería SCQ / The gorund we cover, Lokal 01, (Amberes) /Bolseiros e Finalistas Arco, Palácio das Galveias, (Lisboa) / IK Will Ruimte 2010, Temporary Art Centre Eindhoven, (TAC) / Het Wilde Weten, (Róterdam) /2008: Novas creacións da arte galega, Galería Orígenes. Comisario Xosé Manuel Lens, (La Habana) / Vídeo a la carta #2, Galería DF-Arte Contemporánea, (Santiago de Compostela) /2007: Ruído! #3, Galería DF-Arte Contemporánea, (Santiago de Compostela) /2006: Premio de fotografía Injuve, Círculo de Bellas Artes, (Madrid) / Doppelgänger, Galería DF-Arte Contemporánea, (Santiago de Compostela).

Publicacións (selección): Catálogo Masters 2011. AKV. St. Joost, 2011 / Catálogo Puntos de Encontro. MARCO, Marco de Vigo, 2009.-Catálogo Zona C marzo’08 / febreiro’09. Santiago de Compostela, 2008 / Catálogo Quinto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2007 / Catálogo Proxecto Edición 2007 (CGAC; MARCO; Fundación Luís Seoane) / Catálogo Entre-Cruzar (CGAC; MARCO; Fundación Luís Seoane), 2006 / Catálogo Fotografía Injuve. Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, 2006.

www.manueleiris.com

Na seis pezas que presento traballo co encontro da imaxe, tema recorrente na miña obra. Son pezas escollidas dunha serie maior, feitas sobre panos de limpeza e esponxas. O aproveitamento destes dous materiais como soporte, no canto da tradicional tea, remite a esa idea de limpeza, de borrar ou desocultar unha imaxe, tema co que continúo investigando.
O que fago é recoller a pintura sobrante da miña paleta para limpala e podela utilizar ao día seguinte.

Con esta pintura, conxunto de cores usadas durante a xornada, fago unha mestura e acado unha única cor; logo a mestura deste monocromo sobre a paleta recólloa nas esponxas e panos de limpeza como os que aquí presento. A cor da mestura é unha cor de síntese, a síntese dun día de traballo, de reflexión, unha cor que xa non é nova do trinque senón que é pintura usada, habitada.
A principal propiedade dunha esponxa ou dun pano de limpeza é a súa capacidade de absorción. Con estes soportes continúo ocupándome da imaxe como territorio absorbido, velado. Con eles límpase, é dicir, déitase fóra a pátina dunha superficie, a capa de roña, o sobrante, e reatopámonos co que xa estaba alí; pero tamén se atopa un con que o ser-aí, o Dasein da cousa, non pode, por moito que se limpe, desligarse da súa categoría de cousa empregada, habitada. Por outra banda, nesta serie, como nas miñas outras anteriores, sigo ás voltas coa idea, que Ignasi Aballí propón, de como ser artista visual tendo en conta que non se quere traer imaxes novas a un mundo de por si saturado delas; pero a asunción desta idea non me leva a unha negación da imaxe como forma, da idea ou do proceso.

O reatopamento coa imaxe por medio dunha táctica escollida, táctica entendida como xeito de cazar furtivamente, é a afirmación de que todo acto de bricolaxe, que é ao que podemos aspirar como individuos, máis vale un zurcido ca unha revolta, non nos conduce ao Dasein da cousa, non é un acto de nostalxia, senón de rexeneración da cousa, de desmantelamento dunha realidade. Polo tanto, de haber unha intención de cuestionamento e actuación, de supervivencia, non rematamos na negación senón na reformulación.