Lucía García Rey

The Youth Hunters [Cazador de mozos]
2011

Madeira e material de maquetas
25 x 50 x 16 cm

[+]

¿Por que querería matarme a min?, ¡claro! non é a min a quen busca, é a miña xuventude [+]

Lucía García Rey

A Coruña, 1987

Graduada en belas artes pola Universidade de Vigo en 2010 e máster en creación e investigación en arte contemporánea pola Universidade de Vigo en 2011.

Exposicións individuais: Una camiseta, un museo. Centro Torrente Ballester. Ferrol / Cap 1, algo que no vale nada. Sala Sargadelos. Santiago de Compostela.

Exposicións colectivas: II Totum Revolutum. Amalgama. Vigo / TFM#0. Sala de exposicións da Xunta. Pontevedra / Dende as rúas da memoria. Pazo da Cultura. Pontevedra / Nunca tal cousa vira. Sala Sargadelos. Pontevedra / Quen anda aí? Casa da Torre. Redondela / Todos somos negros. XXXI Bienal de Pontevedra. Sexto Museo. Pontevedra / IKAS-ART (Feira internacional de arte universitario). Bilbao / Voilà la femme. Ateneo de Sta Cecilia. Marín / Chámalle X. Universidade de Vigo. Pontevedra.

“Los jóvenes mueren antes de tiempo”, ou iso dicía unha terrible canción alá polo 2005. Dende entón espero a hora da miña morte como moza. Cada x tempo escoito a alguén da miña idade dicir “dinme conta de que xa non son un mozo, madurei. Cando menos o esperes chegará a túa hora”. Pasei noites sen durmir pensando no maldito momento e mesmo desexando que sucedese para rematar coa agonía. Pero o tempo pasaba e comezaba a coñecer xente

con menos idade cá miña que comentaba
que a súa hora chegara. ¿Conseguiría eu, sen sabelo, a fórmula da eterna xuventude?

Unha tarde, paseando polo bosque, comprendino. Un cazador, na outra punta do terreo, buscábame coa mirada. ¿Por que querería matarme a min?, ¡claro! non e a min a quen busca, é a miña xuventude. ¡Esa era a clave! Os mozos non morren, en realidade mátanos.

Comecei a correr sen rumbo intentando chegar a un lugar seguro. É verdade que quería que chegase o día, mais una vez entendín como ía acontecer desexaba con todas as miñas forzas escapar do meu destino. Corrín e corrín, as miñas pernas e o meu ánimo vacilaban pero estaba disposta mesmo a dar a miña vida antes de soltar a miña xuventude. Realmente conseguira dilatar o momento no tempo moito mais alá do que o resto da xente o lograra e agora non ía renderme tan sinxelamente.

Cando conseguín chegar a un lugar seguro e tiven tempo de reflexionar sobre o ocorrido, só puiden pensar naqueles que non tiveron a mesma sorte...