Lois Patiño

Na vibración da Terra
2011

Formato: vídeo HD
Duración: 7:50 min.
Localización: Islandia
Dirección, cámara e montaxe: Lois Patiño

[+]

Aproximarse aos misterios desta paisaxe primaria dende unha mirada contemplativa [+]

Cargando...

Lois Patiño

Vigo, Pontevedra, 1983

Formación: Licenciatura de psicoloxía (U. Complutense) / Licenciatura de filosofía -ata 2º- (U. Autónoma) / Máster en Documental de Creación (U. Pompeu Fabra) / Diplomado pola Escola de Cine TAI / Curso de dirección de Cine Dixital (New York Film Academy) / Curso videoarte (UdK Berlín) con Kathrina Sieverding.

Talleres: Narrativas de cine con Pedro Costa (UNIA) / Realización de cine con Víctor Erice (CAM) / Cine documental con J.L. Guerín / Performance art, Joan Jonas (MACBA) / Videoinstalacións con Daniel Canogar (CBA) / Taller con Bob Wilson (Palau de la música) / Taller de cine documental con Isaki Lacuesta (CCCB) / Documental contemporáneo con Mercedes Álvarez / Videoarte con Bill Viola (Hamburger Banhoff) / Videoarte, Donald Kuspit (CBA) / O rostro na arte, Fernando Castro Flórez (IVAM) / Art Brut con Serge Fauchereau (CBA)

Bolsas e premios: Primeiro premio Instantes da Paisaxe CDAN. 2011 / Subvención AGADIC para a promoción do talento galego. 2011 / Premio accésit Fundación José García Jiménez. 2011 / I Encontro Artistas Novos. Cidade da Cultura / Premio Filmotech festival Documenta Madrid. 2010 / Seleccionado OEI e SECC no proxecto Rutas en Colombia. 2009 / Bolsa de creación artística da Fundación CaixaGalicia. 2008 / Bolsa de estudos do Consorcio Audiovisual de Galicia. 2008

Últimas exposicións e festivais (2011):: CPH-DOX. Dinamarca / Casa Encendida. Madrid. Óptica festival / Festival de videoarte Camagüey. Cuba / Novas estratexias. Bos Aires / Cologne OFF. Budapest, Beirut e Riga / CDAN. Centro de Arte y Naturaleza. Huesca / Haus der Culturen der Welt. (Berlín) / Festival Images Contra Nature. (Marsella) / Fundación José García Jiménez. Exposición colectiva. (Murcia) / CGAC. Ciclo Novo Cinema Galego / Big Screen Project (Nova York) / Reina Sofía. Rencontres Internacionales. Madrid / Tabacalera Madrid. Día das letras galegas / Curtocircuíto / Festival de Las Palmas. Sección internacional / Region 0. (Nova York) / Festival VideoFormes (Clermont-Ferrand). 2010 Centre Georges Pompidou (París) / Fundación Caixa Galicia. Exposición individual. A Coruña e Vigo / Documenta Madrid. Premio Filmotech / Pärnu Film Fest (Estonia) / CGAI. (A Coruña) / Miradas Doc. Sección oficial longametraxe documental. Tenerife / Curtopía. Sección Oficial. Vigo / Cineuropa. Santiago de Compostela / Festival de Ourense. Sección Internacional / Plataforma de Novos Realizadores (PNR) Madrid / Mostra de Ciencia e Cinema. A Coruña / Festival de cine de Lavapiés. Madrid / Festival En.Piezas. Casa Encendida. Madrid / Culturgal. Pontevedra.

www.loispatino.com

“Nada tan embriagador
como a atracción do abismo”

Julio Verne (Viaxe ao centro da Terra)

“Na vibración da Terra” propón un percorrido poético e sensorial por unha paisaxe orixinaria. Un lugar previo ao home onde os procesos de formación da Terra se fan moi presentes. A terra latexa e vibra. O home, insignificante, queda excluído desta actividade e só pode ser espectador das diferentes forzas naturais.

Dende a fascinación pola paisaxe a nosa mirada adopta unha forma pausada e de planos fixos, procura así captar os movementos e ritmos da paisaxe. Mantense á espera do instante revelador.

Adoptamos unha sensibilidade que busca percibir o animismo na natureza, o misterio que se desprende desta paisaxe atemporal. Co traballo sonoro e o silencio da imaxe buscamos subliñar esa solemnidade a través dunha concentración perceptiva no visual.

Centramos tamén a atención na relación que se establece entre persoa e contorno. O home é observado sempre desde a distancia e inmerso nun espazo atmosférico. Interésanos a influencia que a paisaxe exerce na persoa. Aquí o contorno sobrepasa. A figura humana explora unha xeoloxía primaria, unha paisaxe cero. Prodúcese unha superposición de temporalidades: por un lado, os ritmos lentos dos cambios xeolóxicos e a atemporalidade das paisaxes virxes e, por outro, o progreso humano acelerado que remite sempre a un momento histórico preciso. Prodúcese deste modo un aparente anacronismo.

“Na vibración da Terra” é unha obra poética que busca aproximarse aos misterios desta paisaxe primaria dende unha mirada contemplativa.