Juan Varela

The Unconscious [O inconsciente]
2011

Instalación. Polietileno, Polioximetileno, Polimetimetacrilato, madeira e LEDs
23 x 23 x 107 h. cm c/u [6 vitrinas]

[+]

É a través
da "luz" que
nos proporciona a conciencia como podemos achegarnos
a ela [+]

Juan Varela

Ourense, 1979

Vive e traballa en Berlín

Formación: Licenciado pola Universidade Complutense de Madrid / Residencia Kunstlerhaus Glogauer. Berlín. Alemaña 2007 / Bolsa Leonardo. Atelier Rothchild. Berlín, Alemaña 2005 / Taller

Interacción con obxectos sonoros. Intermediae. Matadero Madrid.

Premios (selección): Bolsa Novos valores. Deputación de Pontevedra. 2008 / Primeiro premio de escultura Concurso Jóvenes Creadores 2002. Ayuntamiento de Madrid / Primeiro premio Concurso Arte Joven Latina. 2002. Ayuntamiento de Madrid.

Exposicións (selección) 2011: Kunstaktien. Kunsthalle. Berlín. Alemaña /2010: Berlin-Tokyo. Freies Museum. Berlín. Alemaña /2009: Bienal de Cerveira. Portugal / BERLIN-TOKYO. Higure 17-15 Gallery.Tokyo. Japón /2008: IV Muestra de arte sonoro e interactivo. Intermediae. Matadero Madrid / Permanencia. Galería AdHoc. Vigo / Certame artístico Novos valores. Museo de Pontevedra /2007: Bienal de Lalín. Museo Ramón María Aller. Lalín. Pontevedra /2006: Seifenblasentreffen. Kunstlerhaus Glogauer. Berlín. Alemaña / If you want to hear… Galerie Neurotitan. Berlín /2005: Museo de Ciudad Real. Ciudad Real / Centro Cultural Isabel de Farnesio. Aranjuez. Madrid /2004: Cosa y Parte. Cruce. Madrid

www.juan-varela.com

As vitrinas conteñen construcións feitas con anacos de madeira, ensamblados e tallados, compoñendo aproximacións á forma dun encéfalo. A obra parte da idea de como o inconsciente conforma a parte principal do funcionamento da nosa mente e non obstante permanece oculta, non temos acceso a ela normalmente. É a través da "luz" que nos proporciona a conciencia como podemos achegarnos a ela e comprobar as súas particularidades.

A obra presentaríase como unha homenaxe a ese momento de percepción interior.