Joan Morera

Visións da paisaxe II
(Lei 7/2008, do 7 de xullo,
de protección da paisaxe de Galicia)
2011

Grafito sobre papel (sete follas de papel
de debuxo de 150 gr Din A4)
DOG (Diario Oficial de Galicia) re-escrito
á man sobre papel a escala 1:1
96 x 83 cm

[+]

Cómpre recordar que a paisaxe non é unha cousa tanxible, senón [...] unha idea [+]

Joan Morera

Vigo, Pontevedra, 1984

Actualmente: Artista e fotógrafo / Doutourando en período de tese. Proxecto de investigación: Construción simbólica da paisaxe galega contemporánea. O sentido do lugar a través de rexistros visuais. Universidade de Vigo, Pontevedra / Membro do colectivo LIBA.

Formación 2011: Posgrao en fotoxornalismo e fotografía documental. Facultade Comunicación, Universidad de Sevilla. Sevilla /2008-2010: Diploma de estudios avanzados (DEA). Programa de doutoramento: Modos de coñecemento da práctica artística contemporánea, bienio 2008-2010, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo. Pontevedra. España /2007-2008: Prácticas profesionais como asistente de comisariado e produción no centro de arte contemporánea “Centre d’art Passerelle”. Brest, Francia /2002-2007: Licenciado en belas artes, Universidade de Vigo, Pontevedra. España /2005-2006: 4º año de belas artes cunha bolsa Erasmus, Universidade George Enescu, Iasi. Romanía.

Talleres, seminarios e cursos setembro 2011: I Encontro de novos artistas Cidade da Cultura. Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela /Abril 2011: Taller

NO/W/HERE-SEVILLA: AMÉRICA FANTÁSTICA co artista Rogelio López Cuenca. CAAC. Sevilla /Xuño 2010: Taller Mirada e fotografía co fotógrafo Pedro Etura. I Xornadas Erregebé. EASD Antonio Failde, Ourense /Setembro-outubro 2009: Taller internacional de paisaje, co fotógrafo e artista Gonzalo Puch, Espacio AV, Blanca (Murcia) /Xuño 2009: Curso Paisaje e Historia, Centro de Arte y Naturaleza, Fundación Beulas, CDAN, Huesca /Xullo 2004: Taller de fotografía El rectángulo roto: Estrategias de la fotografía en el siglo XXI con Laura González, Centro Galego de Artes da Imaxe CGAI, A Coruña /Abril 2004: I Xornadas sobre os espazos de creación contemporánea, Santiago de Compostela.

Premios Xullo 2010: 2º premio no II Certame de fotografía: Loita contra a pobreza e a exclusión social. Fundación Galicia Europa, Santiago de Compostela /Marzo 2010: Premio do público do Sexto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009 pola obra Vigo-Dakar, Santiago de Compostela Decembro 2009: Accésit no Sexto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009, pola obra Vigo-Dakar. Santiago de Compostela /Maio 2009: Vencedor do concurso de proxectos artísticos para o Serralves em festa 2009 coa performace Perfo(re)searches, colectivo LIBA Fundación Serralves, Porto. Portugal

Bolsas 2009/2011: Bolsa de terceiro ciclo. Universidade de Vigo, Vigo /Outubro 2009: Bolsa para o Taller internacional de paisaje. Espacio AV (EAV), Murcia, España /2007-2008: Bosla COGMOS. Fundación General de la Universidad de Leon y de la Empresa, Leon.

Exposicións outubro 2010: Proxecto IMAN. Braga. Portugal /Agosto-setembro 2010: Exposición do concurso Novos valores 2010. Pontevedra /Xullo-agosto 2010: Exposición do II Certame de fotografía: Loita contra a pobreza e a exclusión social. Fundación Galicia Europa, Santiago de Compostela /Xuño 2010: Performace Beliba, Colectivo LIBA. Fundación Serralves, Porto. Portugal /Marzo-abril 2010: Exposición Star System. Colectivo LIBA. Sala Alterarte, Ourense /Decembro 2009-Febreiro 2010: Exposición do Sexto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009. Santiago de Compostela /Novembro-Decembro 2009: Estratexias urbanas deslocalizadas. Colectivo LIBA. Casa da Cultura Galega, Vigo /Novembro 2009: Chámalle X, VI Xornadas de arte de acción. 40 minutos. Colectivo LIBA, Pontevedra /Setembro-Xaneiro 2010: Desea, Piensa, Parpadea. Colectivo LIBA, Centro de Arte y Creación Industrial Laboral, Xixón /Agosto 2009: Festival dos Abrazos, OFF LIBA Colectivo: Investigacións. Colectivo LIBA, Santiago de Compostela /Xuño 2009: Working progress Please wait. Colectivo LIBA, Sala X, Pontevedra /Maio 2009: Performace Perfo(re)searches. Colectivo LIBA, Fundación Serralves, Porto /Maio 2008: Exposición do certame 25 Rendez-vous des Jeunes Plasticiens, Toulon. Francia.

Visións da paisaxe é un proxecto que engloba varios traballos realizados a partir de documentos sobre a noción contemporánea da paisaxe en Galicia. Forma parte da investigación que estou a realizar sobre a construción simbólica da paisaxe galega. A obra que aquí presentamos pertence a este proxecto.

Visións da paisaxe II (Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia) é unha obra feita a partir da lexislación galega sobre o territorio, a paisaxe e o urbanismo que aparece publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Trátase dunha aproximación á concepción socioeconómica do territorio, da que deriva directamente a forma de percibir a paisaxe en Galicia: segundo o uso do territorio a concepción da paisaxe varía.

Neste caso, recollemos a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia para logo
re-escribila á man sobre papel de debuxo. Sometemos a lexislación a un proceso de
re-documentación para re-significar un documento oficial como un obxecto de contemplación, suxerindo unha reflexión sobre a paisaxe. Transformamos a lei nunha paisaxe en si mesma.

Cómpre recordar que a paisaxe non é unha cousa tanxible, senón un construto social propio dun tempo e lugar, e dicir, unha idea. Este traballo reflicte unha concepción de época da paisaxe galega.