Jesús Madriñán

Sen título (Haribo Fantasy Mix)
2011

Fotografía analóxica de gran formato
152 x 127 cm

[+]

A calma e a inspiración dun estudo é substituída aquí polo hostil e ruidoso club nocturno [+]

Jesús Madriñán

Santiago de Compostela, 1983

Formación 2011: Máster de deseño comunicativo e fotografía na Central Saint Martins College of Art and Design, University of the Arts London /2008:Licenciado en Belas Artes na especialidade de deseño e imaxe pola Universidade de Barcelona.

Premios 2011: Foi seleccionado e obtivo unha bolsa no I Encontro de artistas novos “Cidade da Cultura” / Segundo premio na categoría de retrato nos International Photography Awards 2011 / Premio eCREA do Festival Internacional de Fotografía Emergent-Lleida 2011 / Premio El Pati de la Llotja 2011 do Festival Internacional de Fotografía Emergent-Lleida / Premio Laszlo Foundation Award da Royal Society of Portrait Painters (UK). Proxecto en colaboración con Martha Zmpounou /2010: Premio Xhibit 2010 da University of the Arts London /2009: Mención de honra nos International Photography Awards / Artista seleccionado para intervir na Zona “C”, espazo da Concellaría de cultura, Concello de Santiago, adicado a intervención de novos creadores, en colobaroción co curso de posgrao Máster de arte, museoloxía e crítica contemporánea da USC / Accésit Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense / Selección Novos valores, Pontevedra / Selección Sexto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009.

Exposicións individuais 2011: Jesús Madriñán. Looking for Something. We Are Arts Gallery. Central Saint Martins /2009:En Branco. Jesús Madriñán. Zona C, Concellaría de cultura, Concello de Santiago de Compostela.

Exposicións colectivas 2011:International Photography Awards Best of Show. Splashlight Studios. Nova York / Premio eCREA. Sala Gótica do Institut d’Estudis Ilerdencs. Lleida / MACD Central Saint Martins. The Rochelle Gallery. Londres / Royal Society of Portrait Painters Annual Exhibition. Mall Galleries. Londres / Our World in a Frame. The Chepstow Gallery. Londres /2010: MACD Work in Progress Show. Shoreditch Town Hall. Londres. 2010 Xhibit. London College of Communication / Autopsia educativa. MACUF /2009:Sexto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela / Novos valores 2009. Museo de Pontevedra / Certame de Artes Plásticas. Deputación de Ourense. Centro Cultural Ourense / Outonarte. Mostra de Arte Contemporáneo. A Coruña / Ponlle Nome. Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela /2008: XIV Mostra Artxove. Casa da Cultura de Pontedeume.

www.jesusmadrinan.com/

A fotografía é, de acordo coa miña práctica persoal,
o meu medio preferido na construción de narrativas. Nas miñas imaxes, fotógrafo e suxeito traballan xuntos, seguindo un acordo implícito cara á creación dunha historia, nun contexto e nunhas circunstancias que rodean aos dous. Nese proceso, a cámara,

a máquina, sempre rexistra a natureza humana con obxectividade científica.

Non obstante, o fotógrafo conduce a escena cara a unha intención concreta, unha peza de realidade construída. No outro extremo do proceso fotográfico, o suxeito interactúa constantemente, ofrecendo unha pose, unha peza de si mesmo proxectada. Así, entendo o retrato, non só como un documento, senón como unha ferramenta para capturar a identidade do retratado, agochada baixo varias capas de representación e atrapada en forma de imaxe para sempre. “Haribo Fantasy Mix” pertence a unha colección de retratos documentais tomados en diferentes clubs nocturnos londinenses. Traballando nun escenario tan hostil, esta colección de retratos desenvólvese explorando como os espazos artificiais funcionan como un elemento clave na construción da identidade dos adolescentes.

A fotografía de estudo é entón sacada fóra de contexto, invadindo un escenario tan complexo.
A calma e a inspiración dun estudo é substituída aquí polo hostil e ruidoso club nocturno como fondo, no que as personaxes son retratadas ao final da noite, xusto cando o club está a piques de pechar. Da mesma forma que calquera outro elemento dunha noite de festa, estar exposto á cámara ofrece ao retrato e ao retratado unha volta de rosca na que inventar unha forma de proxectárense a si mesmos de acordo con calquera narrativa que poidan querer contraer. Poñer os individuos diante da cámara e das luces permite capturar a proxección do que sexa que eles queren mostrar. Estes retratos nocturnos conxelan escenas reais, convertendo o ruidoso e o salvaxe nunha atmosfera de calma e serenidade.