Jacobo Bugarín

Sen título
2011

Instalación baños masculinos do Auditorio
[listóns de madeira, filtros de cor]
Medidas variables

Premio accésit

[+]

decidir o que é analizado, que é o que se precisa entender
dun xeito consciente, reflexivo [+]

Jacobo Bugarín

Santiago de Compostela, A Coruña, 1983

Estudos de arquitectura superior na ETSA. Universidade da Coruña.

Estudos de arquitectura superior na ETSA. Universidade da Coruña.

Exposicións (selección): Sexto premio Auditorio de Galicia para novos Artistas 2009. Compostela / Ponlle_nome. Igrexa da Universidade. Compostela. 2009 / Cartas de ausencia. CBA28 sala MUSACA. A Coruña. 2009 / Museo Kloster Asbach. Passau. Alemaña. 2006 / Resistentes. Pazo de Cultura de Pontevedra. 2006 / Bolsa de creación para artistas plásticos. Residencia, produción, exposición. Xunta de Galicia. 2005 / Exposición locos / lucus. Colexio Oficial de Arquitectos de Lugo. 2005 / Na Vangarda. Certame galego de novos creadores. Xunta de Galicia. 2005 / Bienal de arte Idelfonso Sánchez Mera. Fundación Araguaney. 2005 / Residentes 05. Aula de Cultura Caixa Galicia. Santiago de Compostela. 2005 (Todos con catálogo).

Premios e bolsas (selección):
2 Premios Design & Design Adwards (www.designanddesing.com) The book of the year volume three. 2010 / Bolsa de colaboración UdC en laboratorio de arquitectura. Universidade da Coruña. 2010 / Bolsa de colaboración UdC de profesor de apoio en Arquitectura. Residencia e aloxamento. UdC. 2010 / Finalista I Premio novos talentos produto gráfico galego. Clúster Gráfico e Xunta de Galicia. 2009 / 2º Premio del II Concurso de arquitectura Cerámica Campo. 2005 / Bolsa de arte San Martiño Pinario. Xunta de Galicia. 2005.

www.jacobobugarin.es

Interésame o traballo sobre a percepción das cousas que nos rodean. A relación entre esas cousas, a persoa e a sociedade. Entender así o individuo e as súas necesidades, físicas e mentais. Que lugar ocupan esas ‘cousas’ na nosa vida e como poden axudarnos a cuestionar ou a asumir determinados problemas inherentes á nosa condición.

Así, por exemplo, quixera ‘ordenar’ as cousas para poder entendelas dun xeito coherente. Nese ‘ordenar’ xorden situacións externas ao obxecto e/ou

internas a el que fan que o percibamos dun xeito distinto ao que anteriormente o faciamos. Outras veces, de súpeto, interésame facer algo soamente por forzar a percepción desas cousas, para que sexa, máis tarde, distinta á que é: a consciencia como parte fundamental do proceso. A aceptación desa realidade é sempre un paso lóxico dentro do proceso pero tamén o é o intento de aceptación por parte da colectividade...

Cando reflexiono sobre as cousas por un longo período de tempo paso pronto a empatizar con elas, a entendelas dun xeito moito máis complexo e, porén, o cambio que propoño pasa a ser menos radical, menos pretensioso se se quere. Unha nova relación entre as partes que farían que o todo, e sobre todo a súa esencia, non se desvirtuase.

Neste traballo sobre a percepción din en entender que o cambio soe trocar en mínimo... por iso cada vez son menos capaz de explicar o que fago e, ao mesmo tempo, fago moito menos do que facía antes. E cando falo de cousas tamén me refiro a espazos, a persoas, a conceptos...

Sobre a peza presentada

Semella complicado entender o proceso mediante o cal decido intervir tal ou cal lugar e por que. Considero que a elección é case o máis importante no proceso: decidir o que é analizado, que é o que se precisa entender dun xeito consciente, reflexivo.

“Lembro as primeiras veces que fun ao Auditorio e aquelas nas que precisei o aseo: cando acudín a unha obra ou visite unha exposición. O relativo afastamento que supón ter que volver á entrada e baixar un pequeno tramo de escaleiras, despois outro máis longo. O descenso como ritual, máis tarde unha rampla e un corredor ata chegar ao final. É amplo, non podería dicir que é agobiante pero si afastado.

A sensación de enterrado, de estar lonxe da multitude e ao mesmo tempo nun lugar que podería estar cheo de máis xente que precisara del. Estar só e non estar illado. Sen dúbida é un espazo que me interesa. Un lugar que semella simétrico pero que non o é. A relación entre os baños, os urinarios e as luminarias. Unha sensación de illamento e orde. A consciencia como parte fundamental para o

recollemento. A exposición pública entendida dentro dunha orde pautada, establecida.”

Cando modifico a iluminación ou engado uns paus de madeira ao espazo non quero máis que entender a intervención como unha forma de expandir o que xa existe. Reducilo a unha linguaxe soamente un pouco máis drástica para que o lugar sexa entendido como debe. Dentro desa forma de actuación despoxar un aseo dunha das súas funcións –defecar, miccionar...— e evidenciar outra que xa lle era propia —o descanso— en beneficio do conxunto é unha das maneiras que teño de entender o ausente como presente, pois fisicamente xa estaba entre nós...

Listóns de madeira limitando e reordenando percorridos entre os urinarios, un retrete que é banco público, unhas luminarias que agora teñen certa cor. Entender o que é sen máis. O espazo como protagonista, sen un significado ou simbolismo, soamente o que é sen máis. Parece algo básico pero para min é fundamental.