Iván Franco

Arquitecturas panópticas
Mercedes U_20. Nº.3
2011

Fotografía dixital. Metacrilato sobre dibond
120 x 120 cm

[+]

"O simulacro nunca é o que oculta a verdade –é a verdade a que oculta que non hai ningunha.
O simulacro é verdadeiro"[+]

Iván Franco

Cortegada, Ourense, 1979

Licenciado en belas artes. Universidade de Vigo. Especialidade de pintura.

Exposicións individuais 2009: Significantes simulados. Sala de exposicións Puerto de la Cruz da Obra Social Caja Canarias. Puerto de la Cruz.

Exposicións colectivas 2011: Arte contemporáneo del siglo XXI. MEAM. Barcelona / XI Premio de fotografía área de artes plásticas Universidad de Murcia. Espazo para a arte. Sala paraninfo Universidade de Murcia. Campus de La Merced. Murcia /2010: XXVII Certame de pintura Concello de Cambre. Biblioteca municipal de Cambre. A Coruña / III Premio nacional de pintura joven Ciudad de Torrevieja. Sala de exposicións Vista Alegre. Torrevieja. XIV Premio internacional de fotografía Rafael Ramos García /2009: Sala de arte Paraninfo. La Laguna. Tenerife / Vemos o que somos, somos o que vemos. Pazo da Cultura. Pontevedra / Novos valores 2009. Museo de Pontevedra. Pontevedra /2008: III Certamen de pintura y esculturas figurativas. Casa América. Madrid. Fundació Fran Daurel. Barcelona / Novos valores 2008. Museo de Pontevedra. Pontevedra / VII Premio regional de fotografía Cajas de Ahorros de Canarias. Sala María Rosa Alonso. Santa Cruz de Tenerife / CICCA. As Palmas de Gran Canaria / Arte xove 2008. Concello de Pontedeume. A Coruña / 22º Certamen fotográfico Caminos de/

Hierro. Palacio de Fernán Núñez. Madrid XII Premio internacional de fotografía Rafael Ramos García 2007. Centro de fotografía Isla de Tenerife. Santa Cruz de Tenerife /2007: Quinto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2007. Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela / 24 Certame de pintura Concello de Cambre. Biblioteca Municipal de Cambre. A Coruña / Exposición itinerante. VI Salón de outono de pintura da Deputación da Coruña. Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario. Fundación Caixa Galicia. Arzúa, Betanzos, Camariñas, Cambre, Culleredo, Narón, Ortigueira, As Pontes, Ribeira e Santiago de Compostela / VI Concurso de fotografía Autoestradas do Atlántico. Galería Sargadelos. Ferrol /2006: Novos valores 2006. Museo de Pontevedra. Edificio Sarmiento. Pontevedra / VI Salón de outono de pintura da Deputación da Coruña. Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario. Fundación Caixa Galicia. A Coruña.

Premios e mencións 2011: XI Premio de fotografía área de artes plásticas Universidad de Murcia. (Primeira mención de honra). Bolsas Roberto Villagraz. Escola de fotografía EFTI. Madrid. (Finalista) /2010: XXVII Certame de pintura Concello de Cambre. Accésit /2008: III Certamen de pintura y escultura figurativas. Premio adquisición. Barcelona. VII Premio rexional de fotografía Cajas de Ahorros de Canarias. Primeiro premio. Santa Cruz de Tenerife. 22º Certame fotográfico Caminos de Hierro. Finalista. Madrid /2007: XI Concurso de fotografía deportiva. Primeiro premio. Concello de Santiago. Santiago de Compostela /2006: I Certamen de pintura figurativa. Premio adquisición. Barcelona /2005: Certamen Maxoarte. Primeiro premio na modalidade de fotografía a cor. Puerto del Rosario. As Palmas /2004: Certamen Maxoarte. Primeiro premio na modalidade de fotografía a cor. Puerto del Rosario, As Palmas /2001: Certamen Maxoarte. Accésit na modalidade de pintura. Puerto del Rosario. As Palmas /1998: Certamen Maxoarte. Segundo premio na modalidade de pintura. Puerto del Rosario. As Palmas.

www.ivanfrancofraga.com/

Arquitecturas panópticas

A imaxe (signo) presentada non se centra en representar o real, o verdadeiro, o falso ou o imaxinario. Esta imaxe busca darlle maior protagonismo, se cabe, ao significado desde o simulacro. A materia –fotografía como obxecto– cobra, neste caso, unha importancia que supera ao narrado (signo), converténdose o narrado nunha parte do obxecto, subxugado este á importancia do propio significado, o simulacro.

Non se trata xa de identificar o real do quen non o é, senón de utilizar as estratexias, os mecanismos do real para cuestionármonos a súa propia existencia. A imaxe presentada non ten capacidade para ser real noutro lugar que non sexa como simulacro. Como citaba Baudrillard en Cultura e simulacro en referencia ao simulacro da divindade:

“Debido en gran parte a que presentían (os iconoclastas) a todopoderosidade dos simulacros, a facultade que posúen de borrar a Deus da conciencia dos homes; a verdade que permiten entrever, destrutora e abraiante, de que no fondo Deus non foi nunca, que só existiu o seu simulacro, en definitiva, que o mesmo Deus nunca foi outra cousa que o seu propio simulacro.”

Arquitecturas panópticas está destinado principalmente a un cuestionamento da contemplación, que afonda na necesidade de identificar e concretar a realidade. De se algunha vez o recoñecemento do simulacro fixo que cambalee a supervivencia desta.

"O simulacro nunca é o que oculta a verdade –é a verdade a que oculta que non hai ningunha.
O simulacro é verdadeiro." (Eclesiastés)