Ismael Teira

Camp nou
2011

Tinta chinesa e clorofila sobre papel
54 x 70 cm

[+]

O urbanismo peor planificado converte algunhas cidades en territorios asfixiantes de cemento e asfalto [+]

Ismael Teira

Boiro, A Coruña, 1987

Licenciado en historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en produción artística na Universitat Politècnica de València
2011-2012 (en curso).

Premios, bolsas e mencións: Bolseiro do
I Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura” da Xunta de Galicia, 2011 / Bolseiro para o perfeccionamento de estudos artísticos 2011 da Deputación da Coruña / Beca Séneca 2009-2010 da Universitat de Barcelona / Mención de honra no Certame Galego de Creadores Novos GzCrea 2009 / Premio Artes Visuales Creación Joven INJUVE 2009 / Accésit VII Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense 2008. Primeiro premio “Novos Talentos Luso-Galaicos” / VIII Premio de Pintura Bienal Eixo Atlántico 2008 / Primeiro premio no I Concurso Galego de Debuxo Erótico 2008, Sociedade Galega de Sexoloxía e Xunta de Galicia

Exposicións individuais: Compostela: camiños de desexo. Baleiro (USC). Santiago de Compostela, 2011 / Habita-la tinta. Modus Vivendi. Santiago de Compostela, 2011

Exposicións colectivas (selección): Converxencies. Centro de Cultura Antiguo Instituto, Gijón 2011. Premio de Carteles Caja Madrid 2010. La Casa Encendida (Madrid) / Muestra de Artes Visuales INJUVE 2009. Círculo de Bellas Artes de Madrid e itinerancia en 2010 / Ponlle Nome: unha proposta de participación crítica. Igrexa da Universidade. Vicerreitoría de Cultura de la USC e Master en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas / VII Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense 2008. Centro Cultural da Deputación / VIII Premio de Pintura Bienal Eixo Atlántico (itinerancia Galicia e Portugal).

www.ismaelteira.com

O urbanismo peor planificado converte algunhas cidades en territorios asfixiantes de cemento
e asfalto. Neses lugares, e nas zonas desérticas,
o céspede dos estadios de fútbol é como un refuxio,
un hortus conclusus onde evadirse do malestar urbano e da atopía.

Ao fregar a herba arrincada dunha leira sobre o papel, a clorofila proporciona cor verde ao rectángulo. Por acción da luz, o pigmento natural irá perdendo intensidade progresivamente ata adquirir un ton sutil e case imperceptible: o mesmo que acontece coas zonas verdes de certas urbes.

Cando se introduce a combinación numérica pintada con tinta –latitude e lonxitude– en Google Maps obtense unha vista satélite do campo de fútbol correspondente, e tamén de todo ese locus horridus que o rodea, hostil e cheo de ameazas que axexan: a cidade.

«O importante é non lesionarse» declarou David Villa ante o mal estado do céspede dun estadio en Kaunas (Lituania). Resulta curioso que o destacado sexa «lesionarse», no lugar de «lesionala», en referencia á natureza completamente abatida dese terreo de xogo. Sérveme como metáfora do que, a grande escala, chamamos «desertización», e ante o que seguimos adoptando unha actitude demasiado egoísta.