Hugo Aldatz Alonso

Forgotten spots #1 e 2
[espazos olvidados #1 e 2]
(pertencentes a serie If you go down in the woods today [se ti vas ao bosque hoxe])

Papel, madeira, material de maquetas e obxectos atopados. Medidas variables

[+]

O tempo libre enténdese como un desperdicio improdutivo e investir nos espazos de lecer un mal gasto [+]

Hugo Aldatz

(Vigo, Pontevedra, 1984)

Hugo Aldatz Alonso é técnico superior en fotografía artística pola Escola Mestre Mateo de Santiago e, actualmente, estudante de grao en belas artes pola Universidade de Vigo.

Exposicións 2011: Nunca tal cousa vira, Sala Sargadelos, Pontevedra / Novos valores 2011, Museo Sexto Edificio de Pontevedra / X Certame de artes plásticas Deputación de Ourense, Centro cultural Deputación de Ourense / 12 Proyectos de espacio para 1 espacio, Pazo Torrado Cambados /2010: Todos somos negros, Bienal de Pontevedra, Museo Sexto Edificio, Pontevedra /2009: Outonarte 09, Palexco, A Coruña /2007: Intervención 1.1, Galería D.F., Santiago de Compostela.

Premios e certames: Premio Novos valores 2011 Pontevedra / Finalista X Certame de artes plásticas Deputación de Ourense.

Na era da ruína, das construcións abandonadas e dos edificios que xamais chegarán a ser habitados,
o lúdico e o tempo libre atópanse tamén en desuso.
O tempo libre enténdese como un desperdicio improdutivo e investir nos espazos de lecer un mal gasto. Non falamos só de parques de atraccións ou grandes construcións do pracer, falamos das rúas, dos nosos fogares e mesmo dos nosos traballos. Ante os nosos ollos foi desaparecendo calquera recuncho lúdico, e nun último esforzo por aforrar, ata as piscinas quedaron baleiras. Atópanse cubertas de lidro e as escaleiras oxidadas.

Esta serie de miniaturas son unha reflexión sobre a desaparición do lúdico e do tempo libre e unha reivindicación da volta ao lecer. As piscinas baleiras aparecen como símbolo deses espazos esquecidos, no seu día construídos para o noso goce, talladas e agochadas nos obxectos cotiáns. Miniaturízanse como proceso da súa desaparición e redescubrilos en espazos tan estraños como dentro dun libro é unha chamada de atención a redirixir a mirada cara ao noso día a día na busca dos espazos de diversión.