Gemma Pardo

Xardín
2011

Formato HD transferido a DVD PAL
12’ aprox.
Medidas variables

[+]

Unha analoxía entre a arquitectura
e a natureza, dos polos duais
da presenza [+]

Cargando...

[fragmento]

Gemma Pardo

Viveiro, Lugo, 1976

Gemma Pardo naceu en Galicia, vive e traballa entre Londres e Galicia. Céntrase no vídeo e na fotografía e a súa obra comezou a ser recoñecida cando un dos seus traballos videográficos (Congo 1880) foi seleccionado en 2007 para Bloomberg New Contemporaries e outro (sen título) para Latent Talent 09. O seu traballo foi exposto en varias galerías en España, 20th Biennial d’Eivissa, Santa Mónica en Barcelona, Latent Talent 09 en Tarragona

e Outonarte 09, e no estranxeiro, incluíndo Rochelle School, Central Saint Martins, Cornerhouse Manchester, New Art Gallery Walsall, Hessel Museum, Angel Orensanz Foundation en Nova York e Contemporary Art Museum en San Luís (EUA) entre outras.

Trata as relacións entre tempo e espazo, ciclos e interaccións ca natureza e transformacións que acontecen en espazos concretos dentro dun contexto histórico e cultural. Gemma utiliza transformacións como analoxía entre pasado, presente e futuro.

Exposicións e outros proxectos recentes 2011: Fotografías Manifestación na exposición Save our placards no London Museum (RU) / Sen título no Festival Internacional de la Imagen Maizales (Colombia) / Sen título (froita), fotografía mostrada na exposición Trans Siberian Art (Moscova a Pequín) / Titora de arte no Proxecto Vital Regeneration / Finisterre, instalación de vídeo, na Galería de Glynn Vivian (Reino Unido) / Sen título (presa) na exposición Liquid Cities and Temporary Identities (España) /2010: Expuxo a instalación Temperature na exposición en Engaging the False Mirror curada por Gilian Rappaport. A intervención fíxose no espazo The Front Room no Contemporary Art Museum, San Luís (EUA) / Mostrou Congo 1880 no Uncivilisation The Dark Mountain Project Festival (RU) / Expuxo a instalación de vídeo Finisterre comisionada por Film and Video Umbrella and Nottingham Castle Museum na mostra Can Art save us? na Millennium Gallery Sheffield (Reino Unido) / Mostrou instalación de vídeo sen título na exposición Talent Latent, Scan09, Santa Mónica, Barcelona

/2009: Expuxo Finisterre, instalación de vídeo, en Outonarte, no Palexco A Coruña / Expuxo Finisterre, instalación de vídeo na exhibición Coastal no Hastings Museum and Art Gallery (Reino Unido) / Exhibe sen título na exposición Talent Latent, Scan09, Tarragona / Exhibe sen título en El Cuarto Oscuro, Tenerife Espacio de las Artes (TEA) (España) / Exhibe videoinstalación Finisterre na mostra Coastal da Ferens Galería de Arte (Reino Unido) / Creación das proxeccións para a obra Au-delà de Psyché, dirixida por Caroline Arragain (París, Francia) /2008: Expostas as proxeccións de Barcos e sen título reciben o terceiro premio da XX Bienal de Eivissa (España) / Exhibiu a videoinstalación Finisterre en Coastal no Nottingham Castle Museum and Art Galllery / Colaboración con Albi Gravener The Bell Boy en Play Ground Studios / Expostas as instalacións de varias obras, Congo 1880 e Sen título 1900, na exhibición Grounds for Progress, CCS Bard Galleries no Hessel Museum (Nova York) /2007: O vídeo Congo 1880 exhibiuse en Bloomberg New Contemporaries 2007, Cornerhouse, Manchester (Reino Unido) / Vídeo Congo 1880 na exposición Bloomberg New Contemporaries 2007, Rochelle School Club Row, Londres (Reino Unido) / O vídeo Congo 1880 seleccionado e exposto en Bloomberg New Contemporaries 2007, The New Art Gallery Walsall (Reino Unido) / Exposición da instalación sen título no Central Saint Martins (Reino Unido) / Gravación de The Terrific Electric, actuación no teatro do Barbican de Londres (gañadores do Premio de Oxford Samuel Beckett Theatre 2006) / Comisaria e coordinadora de Nosotras, mostra colectiva de arte en Zaragoza / Mostrou o vídeo Lo siento no Festival de cine de Notting Hill

(Londres, RU) / Mostrou Lo siento, Timetable e Prisoners in Paradise en Video Cuts no Centro de Arte Contemporánea de Glasgow (Reino Unido) / Instalacións de Temperature para a exposición MA de Arte no Central Saint Martins (Reino Unido) /2006: Directora de fotografía e operadora de cámara de Cabaret Musical, de Simon Shannon / Creadora das proxeccións de Rhymes, Reasons Bomb Ass Beatz en colaboración con Madeline Boyd escrita por Harold Finleyen para Truly Fierce Productions no Teatro Oval House Londres (Reino Unido) / Creadora das proxeccións de Her in the Red Dress, obra de teatro producida por Overdramatic Theatre Producción Company / Directora de fotografía e operadora de cámara de Árbol de los sueños documental filmado en Bogotá (Colombia) / Creadora das proxeccións de Prisioners in Paradise obra de teatro Teatro Technis Londres producida por Honeybone Wot Company.

Catálogos 2011: Save Our Placards (RU) /2010: Outonarte 09 (ESP) /2009: Latent Tatent 09 (RU) /2009: Younger than Jesus: Artist Directory (USA) /2007: Bloomberg New Contemporaries 07 (RU)

Prensa e web:
Finisterre en Film and Video Umbrella
Festival de Cinema de Nottingham
Can Art Save Us?
Scan Tarragona
Bloomberg
Staachi Online Magazine
Interface

www.gemmapardo.com

Xardín (2011) é unha instalación de vídeo que explora o espazo e a natureza dentro de determinados edificios, incitando á presenza e á contemplación. O vídeo comeza coa imaxe da cúpula dunha mesquita que é sobrevoada dun lado a outro por unha pomba. Como fondo óense os ecos distorsionados da chamada a oración, e os arrolos da pomba que resoan na cúpula. Lentamente, a imaxe dá paso ao patio de ablucións doutra mesquita, non acontece ningún ritual, e pódense escoitar as andoriñas e ver o reflexo dun home que repousa preto da fonte mentres pasa unha muller en chador. A cúpula serve como transición à próxima imaxe do reflexo dun patio, esta vez nun edificio non

relixioso, tamén cunha fonte onde se reflicten os xardíns e o pórtico interior e unha muller que pasa e senta. O vídeo remata facendo un círculo visual retomando a cúpula.

Xardín foi gravado en varios lugares en Irán. Non ten unha narrativa explícita. É, máis ben, un intento sutil de entrar nun estado de meditación onde se poden facer varias lecturas, ademais de incitar á contemplación do espazo interior cos seus patróns xeométricos, repetitivos e simbólicos, similares á follaxe natural e á súa vez abstractos. A imaxe é hipnótica e por momentos recórdanos un ollo que mira, unha ilusión óptica, sensación que se agudiza co paso da pomba e o sons repetitivos. Xardín é unha analoxía entre a arquitectura e a natureza, dos polos duais da presenza e da ausencia, dos reflexos e da xeometría, pero tamén tenta engadir connotacións políticas e sociais dun país cuxa imaxe exterior está terxiversada polos políticos, polos relixiosos e polos medios de comunicación, facendo fincapé nas cuestións relixiosas e nas interaccións sociais.