Federico Vladimir
Strate Pezdirc

Henry Hudson e o seu fillo
Ano 2011.

Formato HDV, 16 mm transferido a HDV
Londres (Reino Unido), A Coruña.
Producido por Royal College of Art (UK), Federico V. Strate Pezdirc
21’ (loop)

Primeiro premio

[+]

O plano está agora aberto
ao inesperado.
A cámara treme, perde o foco [+]

Cargando...

[fragmento]

Federico Vladimir Strate Pezdirc

Bos Aires, Arxentina, 1983

Formación 2010-2012: MA Communication Art Design, Royal College of Art, Londres /2006: Licenciatura en comunicación audiovisual, Universidade Complutense de Madrid.

Exposicións colectivas 2011: Acoustic Images, Senior Common Room. Royal College of Art, Londres. Obra Henry Hudson e o seu fillo /2010: Mostra do premio de fotografía Man, Courtyard Gallery Royal College of Art, Londres. Obra: Bruxismo / Mostra de artes visuais creación INJUVE 2010. Madrid. Obra: Vladimir Pezdirc /2007: Mostra de artes visuais creación INJUVE 2007. Madrid. Obra: Wedding 57? / Festival Internacional de Fotografía de Lodz, Polonia, Proxección Boxeadores, obra realizada con Javier Marquerie Thomas.

Premios e bolsas de estudo 2011: Bolsa de estudos do Royal College of Art (2010-11) /2010: Creación INJUVE 2010. Premio proxecto Vladimir Pezdirc / Accésit Man Photography Prize. Bruxismo.

www.federicovladimir.com/

Vídeos caseiros. Un retrato nos arquivos da Tate Britain. Dúas rapazas derretendo xeo. Un dentista tomando fotos da súa muller núa na praia. Un explorador británico do século XVII. Unha conversación entre un pai e un fillo. Unha nube baixa cobre o plano.

O plano está agora aberto ao inesperado. A cámara treme, perde o foco. Pai e fillo asómanse a un abismo no que apenas pode verse nada, pero no que se pode comezar a discernir a verdade.