Enrique Lista

S.O.S.
2011

Montaxe-instalación (bengala de socorro usada, andel e mancha sobre parede)
Medidas variables

[+]

...un artista que xa empeza a deixar de encaixar nas categorías de arte novo e que (...) comeza a ir a pique [+]

.

Enrique Lista

Malpica de Bergantiños, A Coruña, 1977

Estuda belas artes na Facultade de Pontevedra e gráfica publicitaria na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. Ten desempeñado diversos traballos nos campos do deseño gráfico, as artes plásticas e a fotografía.Como artista plástico participou en varias exposicións, principalmente con traballos fotográficos, entre elas: Cosas que solo un artista puede hacer (MARCO. Vigo), La osadía del bufón (Centro Torrente Ballester. Ferrol), A títol propi (Sant Andreu. Barcelona), Outonarte 2009 (A Coruña), Situación (CGAC. Santiago de Compostela), Enrique Lista, Licenciado en Bellas Artes (Sala Alterarte. Ourense), Nada que ver (Casa da Parra. Santiago de Compostela), Lacôme con grelos. 8 artísticas recetas gallegas (Centro de arte Joven de la Comunidad de Madrid), Temperatura ambiente (Sant Andreu. Barcelona), Corpografías (Galería Sargadelos. A Coruña), Resistentes (Pazo da Cultura. Pontevedra), Diferentes. Junge spanische kunst in Asbach (Museum Kloster Asbach. Rotthalmünster. Alemaña), MICA-ASSAIG I: Artista (Museu Miquel Casablancas. Barcelona), Residentes 05 (Obra Social Caixa Galicia. Santiago de Compostela), Ausencias e memoria (itinerante Galicia) ou O feito fotográfico (MARCO. Vigo)

.

Unha petición de socorro non atendida que, segundo a interpretación, pode entenderse como solicitada por un artista indefinidamente aprofesional, por un mozo no paro (ambas as dúas son condicións da realidade do autor), ou, tal como están as cousas, por un cidadán calquera.

Tamén pode interpretarse como símbolo doutra oportunidade queimada, tal vez a última para un artista que xa empeza a deixar de encaixar nas categorías de arte novo e que, fronte ao pulo dos artistas emerxentes, comeza a ir a pique.

Por último, poden atoparse referencias a artistas consagrados, a medio camiño entre a homenaxe
e un mecanismo máxico para alcanzar parte
do seu éxito.