Culture Workers

A arte contemporánea e o linde da historia
2011

Impresión dixital sobre papel montado en panel composto de aluminio e polietileno
50 x 150 cm

[+]

O que despois da fin da arte dentro dos límites nos que a coñecíamos ata agora quizais supoña a súa posibilidade [+]

Culture Worker

Culture Workers, colectivo de intervención artística e cultural creado no 2007 en Hangar, centro de produción e artes visuais (Barcelona), está representado na actualidade por Ania González: licenciada en dereito pola USC/UNED, especialista en museoloxía e teoría crítica tras cursar o programa

de estudos independentes (PEI) do Museo de Arte Contemporánea de Barcelona (MACBA) no bienio 2008-09 e fundadora do extinto colectivo artístico Iniciativa Curva co que programa en colaboración coa Vicerreitoría de Extensión Cultural da USC os contidos da sala Luísa Cuesta do Burgo das Nacións (1998-99) e o Coro da Igrexa da Universidade (2000-01).

Como colectivo, Culture Workers, realiza as seguintes intervencións: “Dirige el MACBA”. Workshop para a elaboración dunha proposta

colectiva presentada ao concurso internacional para a selección do director do MACBA. Hangar, Barcelona 2007 / “Dirixe o CGAC”. Workshop para a elaboración dunha proposta colectiva presentada ao concurso internacional para a selección do director do CGAC. Santiago de Compostela, 2009 “Evasión ou Vitoria”. Programa de actividades, documentación e ensaio dun arquivo posible para distintos colectivos de Galicia en colaboración co colectivo Baleiro canle de produción e a USC, Baleiro, Santiago de Compostela, 2010 / I Encontro off de creadores novos “Cultura e cidade”. Diálogo aberto sobre a creación contemporánea. Baleiro, Santiago de Compostela, 2011.

cultureworkers.wordpress.com

O subtítulo do libro Despois da fin da arte, de Arthur C. Danto, dá título a esta obra na que emerxe unha imaxe supervivente, o espectro dun acontecemento que sucede no linde da historia e no límite da visibilidade, xa que, máis alá da lembranza da experiencia vivida, a imaxe como tal aínda non é memoria nin documento no senso no que estes dous termos constrúen historia; a falta, principalmente, dun relato contemporáneo da contemporaneidade artística en Galicia.

No atoparse con esta lembranza da que é portadora a obra, na fotografía, o “mundo da arte” local, representado por un amplo número de artistas, docentes, críticos, teóricos e comisarios devólvese a si mesmo unha mirada imposible (impedida) na que se revela a si mesmo como síntoma: a falta de algo máis de dez anos, na nosa historia; o que despois da fin da arte dentro dos límites nos que a coñecíamos ata agora quizais supoña a súa posibilidade.