Cillas Seyde

Anna & Hassan
2011

Fotografía dixital
Transparencia en caixas de luz
60 x 51 cm

[+]

Confrontando ao retratado co retrato doutra persoa, establecendo unha linguaxe entre eles [+]

Cillas Seyde

A Coruña, 1988

Licenciada en belas artes pola Universidade
de Vigo, Pontevedra, xuño 2011.

2011: Hope I Shall arrive Soon I. Bruxelas / Hidden in the center. Bruxelas /2008: Alumnos belas artes. Galería Sargadelos. Pontevedra

"Anna & Hassan" forma parte dun proxecto fotográfico de retratos que fixen a partir de proxeccións de fotografías sobre os retratados.

Quixen reflexionar sobre a idea de retrato, da imaxe identificante das persoas e afondar nesta idea xustapoñendo outro, compoñendo outra imaxe nova; empregar unha metalinguaxe da fotografía e tomar

un retrato a partir doutro. Pareceume interesante o concepto da imaxe que se identifica directamente coa persoa, que se liga a ela, que lle outorga a característica de unicidade pero que aínda así está errada e incompleta. A imaxe non representa a totalidade das características dunha persoa, pero sérvemos para identificala.

A partir destas ideas e baseándome no traballo Thomas Ruff (Minota Montages) do retrato como documento de identificación, traballei na procura de redefinir ese concepto de retrato/imaxe.

Pedinlles aos meus retratados que escolleran unha fotografía de alguén próximo a eles e que a levaran á sesión fotográfica, para empregala como única fonte luminosa, proxectándoa sobre eles e confrontando ao retratado co retrato desta outra persoa, establecendo unha linguaxe entre eles, na procura de representar a conexión existente entre ambas as imaxes: a idea dos outros sobre as persoas, a influencia dos demais na formación da identidade.

Neste traballo en particular resúltame especialmente interesante o estraño da composición do retrato, a ambigüidade entre o feminino e o masculino, novidade e vellez reflectida entre Anna e a imaxe do seu tío Hassan proxectada nela, revelando a conexión existente entre eles e na que a mirada dela se enfronta directamente coa cámara, invitando ao espectador.