Christian García Bello

Todo ardió luminoso, pero no es suficiente
[Todo ardeu luminoso, pero non é suficiente]
2011

Carbón en po lixado sobre papel,
madeira e sámaras de arce
25 x 240 cm

Premio accésit

[+]

“cada paisaxe
é un estado
da alma”[+]

Christian García Bello

A Coruña, 1980

Premios e seleccións: Seleccionado no Sexto premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009 / 2º Premio do Certame de artes plásticas da Deputación de Ourense, 2008 / Finalista do I Premio de nacional de pintura Mª Jose Jove, 2006.

Exposicións individuais: Banderas que son harapos, arcos que son..., Espacio de Arte Joven (Valladolid) (2011) / Vals de las Sombras, Galería 9THE13 (A Coruña) (2009).

Exposicións colectivas: TFM#0, Fundación RAC (Pontevedra) (2011) / Dende as rúas da memoria, Pazo da Cultura (Pontevedra) (2011) / Dieciochounos, sala Sargadelos (Pontevedra) (2011) / Watts, Sala X (Pontevedra) (2010) / Cartografías quebradas, Outonarte 2010 (Palexco e Cantóns, A Coruña) (2010) / Chámalle X 2009, Facultade de Belas Artes (Pontevedra) (2009) / De Brujas y mariposas, La Habana (Cuba) (2009) / Dame una buena razón para..., sala Restauración, Belas Artes (Pontevedra) (2009) / Como perseverar cando o desacougo apreta, Casa da Cultura de Sarria (Lugo) (2009) / I Muestra Internacional Ikas-Art (Biscaia, Euscadi) (2008) / Os museos como axentes de cambio social e..., CGAC (S. de Compostela) (2008) / Un puñao de apuntes, Galería Sargadelos (Pontevedra) (2008) / Kaldarte, Caldas de Reis (Pontevedra) (2008)

I Premio de nacional de pintura Mª Jose Jove, Fundación Mª José Jove (A Coruña) (2006)

www.christiangarciabello.es

Todo ardió luminoso, pero no es suficiente son uns versos de Arseni Tarkovski que a personaxe do merodeador recita no filme Stalker do fillo do autor da poesía, Andrei Tarkovski. Estes versos teñen o tinte dunha visión desconsolada e, á vez, frustrada.

O meu traballo xira en torno á paisaxe e, máis en concreto, sobre a paisaxe galega e a súa relación co sentimento de saudade tan propio dos galegos.

Na obra reflexiono sobre a problemática de se a paisaxe en si é unha motivadora deste sentimento ou se é a propia saudade a que fai que os galegos vexamos a paisaxe dunha forma determinada.

Entendendo a paisaxe como unha mirada sobre un terreo, é o acto de mirar o que converte a paraxe en paisaxe e, desta forma, e como dicía unha cita que se atribúe a Azorín, “cada paisaxe é un estado da alma”.